Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Puy:O Plan Estratéxico dará un impulso ao crecemento e á garantía do benestar

09 Mai 2016

Este Plan debaterase para a súa aprobación na sesión plenaria que se celebra esta semana



PEDRO PUY ASEGURA QUE O PLAN ESTRATÉXICO DA ECONOMÍA GALEGA DARÁ UN IMPULSO AO CRECEMENTO E Á GARANTÍA DA IGUALDADE E O BENESTAR




Santiago, 9 de maio de 2016.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, asegurou hoxe porque o Plan Estratéxico da Economía Galega 2015-2020, que esta semana se debaterá para a súa aprobación no Pleno do Parlamento, dea “un impulso aproveitando a saída da recesión, tanto ao que é a posibilidade de vivir cun salario estable e digno en Galicia, como aumentando o crecemento ao longo do tempo sen esquecerse da importancia de contribuír a que a nosa sociedade dispoña de servizos públicos básicos que garantan a igualdade e o benestar”.



Pedro Puy considerou o Plan Estratéxico como un documento “relevante e útil, porque establece unha diagnose da situación económica de Galicia e fixa as actuacións de futuro, que poderán ser levadas a cabo sexa quen sexa o que teña a obriga de executalo”.



RETOS E PRIORIDADES



En concreto, o portavoz popular indicou que o Plan Estratéxico realiza “unha análise sobre os retos e as prioridades que é fundamental levar adiante no período 2015-2020 desde o punto de vista do desenvolvemento socioeconómico de Galicia”. En concreto, apuntou que fixa as prioridades de actuación con obxectivos concretos, como a necesidade dun crecemento medio do 2,5 por cento do PIB, cifra que cualificou de “realista e acadable”.



Así mesmo, Puy sinalou que sobre esa base económica “se constrúe unha previsión do crecemento da renda das persoas baseada nunha maior produtividade da economía galega, que implicaría unha mellora do 5 por cento da renda dispoñible galega en relación coa nacional”.



“Tamén se establecen as liñas fundamentais cara ao futuro dunha economía na que o capital humano estea máis reforzado, de tal xeito que poidamos inxerirnos nunha  economía cada vez máis aberta no ámbito europeo e que tenda a abrirse nun mundo máis globalizado”, sinalou.



SUSCEPTIBLE DE SER MODIFICADO



Respecto da tramitación parlamentaria deste documento estratéxico, o portavoz popular recoñeceu que será “difícil que haxa un acordo absoluto sobre o conxunto do Plan”, a pesar de que “é susceptible de ser modificado conforme avanza o tempo e as prioridades se vaian cumprindo”.



Neste sentido, subliñou que se trata do documento, máis aló do que establece o Regulamento, ao que o Goberno e o Grupo maioritario teñen dado máis marxe para acadar acordos”. “Entrou na Cámara o 4 de febreiro, o debate en comisión coa comparecencia do conselleiro foi o 4 de marzo e, unha vez que se presentaron as propostas de resolución e pola súa capacidade por ser un documento amplamente transaccionable, estamos pechando acordos en base a esas propostas de resolución”, sinalou.

Síguenos nas redes sociais