Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Puy contrapón a unidade do PPdeG coas "disputas e trifulcas" doutras formacións

09 Mai 2016


PEDRO PUY CONTRAPÓN A “IMAXE DE UNIDADE, ACORDO E COMPROMISO” AMOSADO POLO PPDEG NO CONGRESO COAS “DISPUTAS E TRIFULCAS INTERNAS” DOUTRAS FORMACIÓNS POLÍTICAS



·    Respecto do novo secretario xeral, Miguel Tellado, indicou que “se trata dunha persoa coa que estamos encantados de traballar” e amosouse seguro de que “vai ser capaz de cumprir coas funcións que se lle encomendaron”



·    Puy salientou a renovación levada a cabo na Xunta Directiva do PPdeG, que afecta a case a metade dos membros, cunha maior presenza de mozas e mozos, e máis mulleres



Santiago, 9 de maio de 2016.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, contrapuxo hoxe a “imaxe de unidade, acordo e compromiso” amosada polo Partido Popular de Galicia no Congreso celebrado esta fin de semana en Ourense coas “disputas e trifulcas internas existentes noutras formacións políticas de ámbito galego que van competir con nós por ser os partidos maioritarios”. “O PPdeG está traballando para ofertar un programa e un goberno estables para o futuro de Galicia, cunha ampla coincidencia en que este proxecto ten que seguir adiante e estar encabezado por Feijóo”, apuntou.

Pedro Puy amosou a “satisfacción” do Grupo Parlamentario Popular polo desenvolvemento do Congreso Rexional do PPdeG, “no que persoas deste grupo tiveron participación directa tanto na elaboración das comunicacións como polo feito de que un compañeiro do Grupo asuma a responsabilidade da Secretaría Xeral do PPdeG”.



Respecto da elección de Miguel Tellado como novo secretario xeral do PPdeG, Puy afirmou que se trata dunha “persoa coa que estamos encantados de traballar” e sinalou que “todo o grupo parlamentario se puxo á súa disposición e seguros de que vai ser capaz de cumprir coas funcións que se lle encomendaron”.



UNIDADE E ESTABILIDADE



O portavoz popular salientou a renovación levada a cabo na Xunta Directiva do PPdeG, que afecta a case a metade dos membros, cunha maior presenza de mozas e mozos, e máis mulleres. En concreto, referiuse ás catro vicesecretarías xerais, “das que que tres son mulleres, e que tratarán de preparar ao partido para os importantes retos que teremos a partir das vindeiras semanas con dous procesos electorais”.



“O Congreso demostrou que o PPdeG, con independencia de intereses, de procedencias xeográficas e de posibles ambicións que cada un poida ter na carreira política, é un partido que está funcionando de xeito unido e que está traballando para ofertar estabilidade e un programa e un goberno estables para o futuro de Galicia”, afirmou Puy. Neste sentido, amosouse convencido de que “a sociedade saberá apreciar esta situación, en contraste co que está a ocorrer con outras forzas políticas”.



O portavoz popular engadiu que “no PPdeG hai un consenso amplísimo de que o Presidente Feijóo está a facer ben as cousas e está a desenvolver unha boa labor de Goberno na peor etapa da autonomía pola magnitude dos problemas aos que nos tivemos que enfrontar”.



Así mesmo, afirmou que o Congreso demostrou “a unidade e a forza dun partido que sabe cales son os seus principios, a súa función de defender os intereses dos galegos e mellorar a economía para restablecer a igualdade e o benestar social”. Ademais, apuntou que o PPdeG constitúe “un conxunto de persoas que pensamos que o Estado autonómico e a estabilidade institucional e política son un ben polo que hai que traballar duro para mantelo despois das eleccións autonómicas”.



Pedro Puy fixo referencia á importante repercusión que o Congreso do PPdeG tivo nas redes sociais, destacando o labor dos máis de cen voluntarios que traballaron para que esta celebración estivera sete horas no top 20 nacional e tres horas no top 10, ao tempo que se realizaran máis de 700 tweets durante a intervención do domingo do Presidente Feijóo. 

Síguenos nas redes sociais