Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Feijóo pide o voto para a súa candidatura coa “ilusión do primeiro día”

07 Mai 2016
Ourense, 7 de maio de 2016.-. Alberto Núñez Feijóo pediu hoxe o voto para a súa candidatura á Presidencia do PPdeG coa “ilusión do primeiro día” e o compromiso do máximo esforzo e implicación por unha Galicia aberta e renovada onde teñen sitio todos os galegos. Compromiso que, como indicou, agarda tamén por parte da militancia, “porque –incidiu- vos necesito”.

“Dou a cara e pido o voto dos militantes do PPdeG porque me sinto lexitimado para pedir o voto de todos os galegos”, aseguraba o dirixente popular no marco do Congreso autonómico dos populares galegos, onde destacou que se sentía igual de agradecido e ilusionado que hai dez anos, cando iniciou a súa etapa como presidente da formación.

Con respecto a isto, Feijóo sinalou que a principal diferenza entre a primeira vez que presentou a súa candidatura á Presidencia do partido e a actual é a fe que ten en que os populares van a lograr o que se propoñen: “Convencido, en definitiva, de que, por moi difícil que pareza, por terceira vez consecutiva imos volver gobernar Galicia, cos votos libres e democráticos dos galegos”. 

Baixo a súa opinión, no PPdeG hai futuro, como así o demostra a nova xeración de homes e mulleres que queren participar en política e as galegas e galegos que, cando pensan en política responsable, pensan “neste partido que naceu en Galicia, no PPdeG”.

Neste senso, asegurou que volve a presentarse como candidato porque cree en Galicia e quere a Galicia; porque hai un equipo “disposto a gañar o partido”; porque non lle gusta a política actual e quere contribuír a mudala; e porque Galicia non a cambia por nada. Como sinalou, algúns dicían que “non estaría aquí se pensara que vou perder. Pois que saquen as súas conclusións porque hoxe volvo estar aquí”.

SOBRE A OPOSICIÓN
Feijóo pediu aos populares desenvolver o seu propio modelo de política porque noutros partidos non van atopar nada bo que os inspire, como sucede no PSOE, que quen se quere facer co control négase a dar a cara e busca desesperadamente a un candidato que se esnafre no seu lugar.

Por outra banda, sinalou que Podemos e Ciudadanos tampouco poden ser fonte de inspiración porque o PPdeG non queren que o controlen cun mando a distancia desde Madrid ou Barcelona. 

Pola contra, cre que no PPdeG hai un partido que coñece Galicia e un candidato que da a cara porque cre nas posibilidades deste país e no proxecto que os populares poden ofrecerlle nos vindeiros catro anos. 

O PROXECTO DO PPdeG É PARA TODOS  
Feijóo pediu aos militantes non só o voto para a súa candidatura senón tamén o seu compromiso firme do máximo esforzo e da máxima implicación, posto que a súa forma de entender política e a carón das persoas que conforman o partido. Por iso, apuntou que non se presenta a este congreso para ser o comandante ante o que todos deben pechar os ollos e dicirlle ‘si’, senón como un militante de Galicia, aberto ás críticas e ao servizo de todos.

Nesta liña, o candidato á Presidencia do PPdeG asegurou que non se presenta contra ninguén, senón a favor de todos: dos votantes do partido, dos que deixaron de darlle a súa confianza, dos que nunca o votaron, dos que están pensando en votalo por primeira vez e dos que nunca o votaron nin o votarán.

Así mesmo, sinalou que o PPdeG é o partido que máis se parece a Galicia e por iso aposta por un partido unido, porque non quere unha Galicia dividida; quere un partido que conta cos mozos, porque quere unha Galicia con futuro; quere un partido rural, porque Galicia naceu no rural e no mar; quere un partido que coida aos seus maiores, porque quere unha Galicia que non lle perda o respecto aos que fixeron posible todo o que somos; e quere un partido renovado para unha Galicia “que se vaia renovando”.

LEMBRANZAS E AGRADECEMENTOS
Feijóo tamén aproveitou a súa intervención para lembrar a dúas persoas “ás que lle debemos case todo o que é este partido”, que son Xerardo Fernández Albor e Manuel Fraga Iribarne. Do mesmo xeito, agradeceu o traballo de todas as persoas que o acompañaron desde os seus inicios no partido como son Alfonso Rueda, de quen asegurou que non só foi o secretario xeral con máis tempo no cargo senón que, baixo o seu punto de vista, foi o mellor. 

Síguenos nas redes sociais