Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Tellado, abrumado pola confianza de Feijóo: “Serei un servidor máis do partido”

07 Mai 2016

Di ser un reto relevar a Alfonso Rueda e fíxase como obxectivo gañar e gobernar tralas vindeiras eleccións xerais e autonómicas

Tellado, abrumado pola confianza de Feijóo: “Serei un servidor máis do partido”

Ourense, 7 de maio de 2016.- O voceiro do PPdeG e futuro secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, dixo estar abrumado pola confianza depositada nel por parte do presidente do partido, Alberto Núñez Feijóo, e dixo marcarse como desafío as vindeiras eleccións xerais e autonómicas. “O reto é gañar e gobernar”, di.

Destaca a dificultade de relevar a Alfonso Rueda, que deixa o listón moi alto, e apunta que será “un servidor máis do partido”. Ademais, aposta por traballar coordinadamente coas estruturas provinciais e traballaremos “como un equipo”.

“Agardo non defraudar e estar á altura das responsabilidades asinadas”, dixo Tellado, quen apuntou que foi na noite de onte cando Alberto Núñez Feijóo trasladoulle a súa designación-.

Síguenos nas redes sociais