Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Puy:"Non hai reválida senón unha proba de avaliación do sistema educativo"

25 Abr 2016

Asegura que “non é unha reválida, que implica que un alumno que non a aproba non pasa de curso; senón que é unha proba xeral para detectar o nivel que o sistema aporta aos alumnos”



PUY  SINALA QUE “OS PAIS SE EQUIVOCAN SE PENSAN QUE A PROBA DE AVALIACIÓN DO SISTEMA EDUCATIVO É PARA VALORAR AOS SEUS FILLOS E NON A CALIDADE DO SISTEMA”



·    O portavoz popular cualificou de “mantra” da oposición afirmar que os recortes afectan á calidade do servizo público, cando a Consellería vén de convocar a cobertura de máis de 1.100 prazas no ensino galego



Santiago, 25 de abril de 2016.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, manifestou hoxe que “os pais se equivocan se pensan que a proba de avaliación do sistema educativo galego, que este ano se realizará aos alumnos de 3º e 6º de primaria, é unha proba aos seus fillos e non unha avaliación da calidade do sistema que educa aos menores”.



Puy explicou que esta proba “non é unha reválida, que implica que un alumno que non a aproba non supera o curso; senón que se trata dunha avaliación do sistema educativo galego, a través dunhas probas xerais para detectar o nivel que o sistema aporta aos alumnos, para no caso de que se demostre que hai asimetrías na calidade da educación que perciben os alumnos adoptar decisións para mellorar o conxunto do sistema educativo público”.



AFORROS NO GASTO PARA OUTROS FINS



En resposta a preguntas dos medios de comunicación, Puy cualificou como un “mantra” da oposición afirmar que os recortes afectan á calidade do servizo público e salientou que a Consellería de Educación vén de publicar a convocatoria para cubrir máis de 1.100 prazas no ensino galego.



O portavoz popular afirmou que existen “exemplos de partidas de gasto que diminuíron considerablemente e permitiron aforrar cartos para outros fins, o que non implica que se deteriorase o servizo”. En concreto, referiuse ao catálogo de medicamentos, que “está a permitir grandes aforros no gasto sanitario en medicamentos para que o sistema público dea máis receitas a máis persoas”.



Respecto da realización desta proba de avaliación, Pedro Puy subliñou que “o correcto é cumprir as leis” e sinalou que a Consellería “xa se ten manifestado que mentres que haxa unha lei en vigor, como neste caso a Lomce, hai que cumprila”.

Síguenos nas redes sociais