Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Rueda avanza achega de 33M€ para impulsar os produtos agrarios de calidade

21 Abr 2016

O vicepresidente do Goberno galego afirma que este investimento parte da visión do medio rural como un todo, no que cómpre potenciar tanto as explotacións agrícolas e gandeiras como as empresas agroindustriais

Rueda avanza unha nova achega de máis de 33 millóns de euros para impulsar os produtos agrarios de calidade

  • Explica que con esta achega activaranse liñas de axudas orientadas a investir en transformar e comercializar produtos agrarios; promover o sector vitivinícola noutros mercados; cubrir os gastos de funcionamento de 24 Consellos Reguladores; e axudar á incorporación dos agricultores a réximes de calidade
  • Apoiaranse tamén actividades de información e promoción realizadas por grupos de produtores no mercado interior; e financiaranse os programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores de denominacións de calidade agroalimentarias
  • Subliña que o sector dos produtos de calidade factura máis de 300 millóns de euros ao ano e implica a máis de 30.000 explotacións e a 900 industrias
 
Santiago, 21 de abril de 2016.- O vicepresidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, avanzou hoxe a aprobación no Consello da Xunta dunha nova achega de 33,2 millóns de euros para impulsar os produtos agrarios de calidade.
 
Durante a rolda de prensa, Rueda explicou que en total activaranse seis liñas de axudas orientadas a investir en transformar e comercializar produtos agrarios; promover o sector vitivinícola noutros mercados; cubrir os gastos de funcionamento de 24 Consellos Reguladores; axudar á incorporación dos agricultores a réximes de calidade; apoiar actividades de información e promoción realizadas por grupos de produtores no mercado interior; e financiar os programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores de denominacións de calidade agroalimentarias.
 
Logo de precisar que o orzamento conxunto destas seis convocatorias crece cerca dun 29% respecto a 2015, o vicepresidente do Goberno galego afirmou que este investimento parte da visión do medio rural como un todo, no que cómpre potenciar tanto as explotacións agrícolas e gandeiras como as empresas agroindustriais. Non en van estas últimas xogan o importante papel de dar valor engadido aos produtos do agro.
 
Así mesmo, Rueda subliñou que o sector dos produtos de calidade factura máis de 300 millóns de euros ao ano e implica a máis de 30.000 explotacións e a 900 industrias.
 
O vicepresidente da Xunta afirmou que o sector agrogandeiro e agroindustrial seguirá a ser unha das máximas prioridades para o Goberno galego. E, neste sentido lembrou que para incentivar a diversificación da economía do rural, hai tres semanas a Xunta aprobou unha nova liña de axudas destinada a fomentar a creación de pequenas empresas non agrícolas no rural, á que se destinou 3,5 millóns de euros; “e reducimos tamén as cargas fiscais”.

Síguenos nas redes sociais