Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Puy avanza debate próximo pleno proxectos lei patrimonio cultural e economía social

18 Abr 2016


PEDRO PUY AVANZA O DEBATE PARA A SÚA APROBACIÓN POLO PLENO DA VINDEIRA SEMANA DOS PROXECTOS DE LEI DO PATRIMONIO CULTURAL E DE ECONOMÍA SOCIAL



·    Destacou a especial atención aos mozos da nova lei de economía social, completando as liñas de axudas existentes



Santiago, 18 de abril de 2016.- O Pleno do Parlamento da vindeira semana acollerá o debate para a súa aprobación dos proxectos de lei de patrimonio cultural de Galicia e de economía social de Galicia, segundo avanzou esta mañá o portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy.



Respecto do proxecto de Lei do patrimonio cultural, Puy sinalou que “anova, actualiza e unifica as vellas leis do Patrimonio cultural de 1995, de Protección dos Camiños de Santiago de 1996 e de traballos de dotación artística nas obras públicas e nos Camiños de Santiago de 1991”.



APORTACIÓNS Á NOVA LEI



Así mesmo, salientou que esta nova lei conta coa participación de expertos e entidades representativas do sector, como a Academia de Belas Artes, o Colexio de Arquitectos e a Fiscalía especializada en delitos contra o patrimonio, así como o ditame do Consello da Cultura Galega. “A todo isto, sumouse na tramitación parlamentaria a incorporación ao texto lexislativo de 66 emendas da oposición e outras 16 transaccións”, indicou.



A segunda norma que se procederá ao seu debate para aprobación será o proxecto de Lei de Economía Social de Galicia, que fomenta a creación de cooperativas e outras fórmulas de asociación simplificando os trámites e habilitando liñas de financiamento específicas que complementen as que xa existen.



7.000 ENTIDADES DE ECONOMÍA SOCIAL



Puy afirmou que esta norma presta especial atención ao impulso das cooperativas xuvenís, completando as liñas de axudas existentes, ao tempo que recoñece o peso das 7.000 entidades que existen en Galicia e facilita o seu financiamento.



Entre as medidas que incorpora este proxecto de Lei, o portavoz popular sinalou a creación do Consello da Economía Social de Galicia, a través do que se impulsarán estas organizacións e a súa presenza institucional.

Síguenos nas redes sociais