Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

NN.XX. solicitará a emisión dos plenos en directo nos grandes concellos de Galicia

15 Abr 2016

Santiago, 15 de abril de 2016.- O presidente de Novas Xeracións de Galicia, Diego Gago, presentou hoxe a campaña #SegueOTeuPleno, no que solicitarán aos grandes concellos a emisión online dos plenos municipais.

Para isto, os presidentes/as de NN.XX. presentarán a petición por rexistro municipal e posteriormente trasladarán a proposta a través dunha moción ou rogo nos 11 dos 22 concellos de máis de 20.000 habitantes onde actualmente non se retransmiten os plenos en directo.

Segundo Gago, “NN.XX. é consciente da exixencia e da necesidade por parte da cidadanía dunha maior transparencia no exercicio da actividade pública, polo que cremos que hoxe en día non hai xustificación económica nin técnica para non poder levalo a cabo”.

O líder xuvenil considera que “concellos coma o de Santiago, Ferrol ou Vigo teñen un suspenso en materia de Transparencia”. “Chama especialmente a atención o caso de Vigo, que é a única cidade das vinte máis poboadas de España que non permite aos cidadáns poder observar por vía telemática o que se debate nos plenos, máis cando o seu alcalde, é o presidente da FEMP”, engadiu.

Ademais, Gago recordou que o desembolso económico da emisión non é moi elevado, en referencia ao Concello de Ourense, cuxa posta en marcha da medida ten un custo de 3.000€ anuais.

FOLGA DE ESTUDANTES  

Por outra banda, o dirixente de Novas Xeracións sinalou que fixeron unha chamada a non secundar a folga contra a LOMCE xa que entenden que “nace unha vez máis politizada e persegue volver a modelos educativos que levan aos estudantes españois a estar á cola en todas as comparativas cos outros estudantes europeos da mesma idade”.

Gago afirma que o derradeiro modelo educativo socialista precisaba dun cambio urxente, e que hai que darlle tempo á LOMCE para demostrar se aporta ou non unha mellora con respecto ao actual. 

Asemade, lamenta que non nacera cun maior consenso e recoñece que é fundamental a equiparación dos custos dos graos e postgraos en referencia á incorporación do 3+2. 

CHAVE INTERNA

O dirixente xuvenil dos populares galegos deu por sentado que NN.XX. terá un papel relevante nas políticas e  nas decisións que se levarán a cabo na nova etapa de Alberto Núñez Feijoo ao fronte do PPdeG. Así, trasladaralle as súas inquedanzas e propostas nun encontro previo ao XVI Congreso.

Ademais, puxo en valor que a mocidades do PP culminarán a súa renovación perante aos comicios autonómicos coa celebración dos tres congresos provinciais pendentes, que lle permitirán seguir sendo a primeira organización político xuvenil e aspirar a axudar a canalizar o voto mozo.


Síguenos nas redes sociais