Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Galicia será a primeira comunidade autónoma que contará cunha Lei de economía social

15 Abr 2016

 A deputada do Grupo Popular Maite Cancelo salientou que “Galicia será a primeira comunidade autónoma en contar cunha norma específica neste ámbito”

APROBADO O DITAMEDO PROXECTO DE LEI DE ECONOMÍA SOCIAL, CO QUE QUEDA EN DISPOSICIÓN PARA O SEU DEBATE DEFINITIVO EN PLENO



·    Cumpre coa lexislación básica estatal e incorpora recomendacións de expertos na materia para o desenvolvemento deste sector na Comunidade galega, ao tempo que as entidades participarán no seu desenvolvemento a través do Consello de Economía Social



Santiago, 15 de abril de 2016.- A Comisión 5ª do Parlamento galego aprobou esta mañá o ditame do proxecto de Lei de economía social de Galicia, co que este texto lexislativo queda en disposición para o seu debate definitivo en sesión plenaria. A deputada do Grupo Popular, Maite Cancelo, salientou que “Galicia será a primeira comunidade autónoma en contar cunha lei específica de economía social, que cumpre coa lexislación básica estatal e incorpora recomendacións de expertos na materia para o desenvolvemento deste sector na Comunidade galega”.



Maite Cancelo salientou “o esforzo realizado polo Grupo Popular para tratar de acadar o máximo consenso na elaboración do texto definitivo desta lei, o que nos permitiu aceptar ou transaccionar 26 emendas dos grupos da oposición”.



DESENVOLVEMENTO POSTERIOR



Na súa intervención, a deputada popular manifestou que a nova norma galega “cumpre coa lexislación estatal en economía social, coa incorporación de recomendacións de profesores universitarios expertos na materia”.



“Pero ademais, se trata dunha norma aberta ao desenvolvemento posterior a través do Consello de Economía Social, no que participan directamente as entidades e que poderán apuntar o que precisan para o seu impulso”, sinalou.

Síguenos nas redes sociais