Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Feijóo: "Hoxe o sector naval ten máis seguridade xurídica e máis despexado o futuro"

14 Abr 2016
Santiago, 14 de abril de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, celebrou hoxe a sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea que avala o tax lease español fronte ao recurso presentado por Holanda contra este sistema de financiamento na construción de buques, e considerou que, grazas a esta decisión, “hoxe o sector naval ten máis seguridade xurídica e ten máis despexado o seu futuro”.

O mandatario galego asegurou que a sentenza feita pública hoxe polo alto tribunal da UE “pon fin aos recursos” e, polo tanto, “traslada que o sistema de tax lease español é conforme á lexislación europea”. Isto supón, engadiu, que todos os contratos, tanto para os estaleiros como para os armadores, son agora contratos seguros que “están blindados” por esta decisión xudicial que esgota a vía xurisdiccional no ámbito europeo, dixo.

Segundo recoñeceu, este preito cos estaleiros holandeses “causou danos moi difíciles ao sector naval durante 24 meses” como consecuencia desta denuncia de Holanda e da decisión do Comisario da Competencia.

Por todo iso, Feijóo quixo felicitar ao sector por esta “boa nova” e por “ir unidos” xunto coa Administración pública, a Avogacía do Estado e as comunidades autónomas.

Síguenos nas redes sociais