Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Parlamento reclama actualizar a normativa dos habilitados nacionais nos concellos

26 Feb 2016


O PARLAMENTO APROBA INSTAR Á XUNTA PARA QUE ADAPTE A NORMATIVA GALEGA Á LEI ESTATAL DE RACIONALIZACIÓN E SUSTENTABILIDADE DA ADMINISTRACIÓN LOCAL



·    A nova Lei estatal modifica a puntuación dos baremos de méritos autonómicos, estatais e locais e elimina a posibilidade de que estes funcionarios podan ser seleccionados polas Comunidades Autónomas



Santiago, 26 de febreiro de 2016.- O Parlamento galego aprobou hoxe unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta de Galicia a adaptar o decreto galego 49/2009 á nova Lei de racionalización e sustentabilidade da Administración Local, de xeito que se axilicen os procedementos e permitan mellorar os sistemas de cobertura dos funcionarios con habilitación de carácter nacional.



O portavoz de Administracións Públicas, Miguel Tellado, subliñou “a conveniencia de modificar e de concretar moitos aspectos da regulación que perderon a súa aplicación práctica e eliminar moitas competencias que na actualidade xa non corresponderían á Comunidade autónoma”.



COBERTURA TEMPORAL



A nova Lei estatal modifica a puntuación dos baremos de méritos autonómicos, estatais e locais e elimina a posibilidade de que estes funcionarios podan ser seleccionados polas Comunidades Autónomas. Ademais, establece obrigas para os servizos de asistencia á municipios das deputacións provinciais en materia de cobertura temporal destes postos de traballo e elimina a posibilidade de que os concellos de máis de 20.000 habitantes podan ser eximidos de ter posto reservado de tesouraría, entre outras moitas modificacións.



“Máis en concreto, a nova normativa obriga a que todas as entidades locais, independentemente do número de habitantes, conten con posto de tesouraría reservado a funcionarios con habilitación de carácter nacional, o que contradí o disposto na normativa galega”, apuntou Tellado.



Deste xeito, o portavoz popular sinalou que esta adaptación da normativa galega á Lei nacional “evitará moitos dos prexuízos que se están a causas ás entidades locais galegas pola ausencia de persoal con capacitación e titulación suficiente para desempeñar os postos reservados a funcionarios con habilitación de carácter nacional, ao tempo que servirá para solucionar a carencia de persoal funcionario con habilitación de carácter nacional que poda cubrir a demanda existente na Comunidade galega”.

Síguenos nas redes sociais