Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Feijóo: "Empresas do sector primario terán prioridade para alugar solo industrial"

25 Feb 2016
Santiago, 25 de febreiro de 2016.- O presidente dos populares de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe que, desde agora, o programa de adxudicación de solo industrial en réxime de superficie —alugueiro de parcelas nos parques empresariais galegos— dará prioridade en 27 polígonos a aquelas empresas vinculadas ao sector primario, como a agricultura, a gandaría, o marisqueo e a pesca.
 
Segundo explicou o presidente, para a selección dos 27 parques nos que se aplicará esta medida tívose en conta a súa proximidade a portos, a vinculación da economía da súa comarca co sector primario ou u a existencia de empresas deste sector implantadas no parque empresarial.
 
Ademais, noutros dous parques empresariais, as Centrais de Transportes de Ourense, en San Cibrao das Viñas, e de Ponte Caldelas, serán prioritarios os proxectos empresariais vinculados ao transporte.
 
Como regra xeral, establécese que se adxudique a estas empresas do sector primario e dos transportes ata un 25 por cento do solo dispoñible en cada parque. É dicir, que esta medida, segundo dixo o presidente, permitirá adxudicar directamente a proxectos singulares vinculados ao sector primario e ao transporte case 350.000 metros cadrados de solo empresarial.
 
“Deste xeito —explicou Feijóo—, seguimos avanzando decididamente na nosa política de captación de empresas para os nosos parques industriais e no noso decidido apoio a dous sectores estratéxicos, como son o primario e o dos transportes”.
 
Promoción do solo industrial galego
O mandatario recordou que a Xunta vén impulsando a captación de empresas mediante dúas medidas complementarias. Por unha banda, o programa de incentivos á venda de solo industrial, con descontos de entre o 30 e o 50 por centro sobre as tarifas para case un millón de metros cadrados.
 
Por outra banda, a medida que completamos hoxe, a adxudicación do dereito de superficie a cambio dun canon anual. Este programa de alugueiro beneficia a aquelas empresas que non poden facer fronte aos investimentos precisos para adquirir solo.

Síguenos nas redes sociais