Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Puy insta a AGE a "reflexionar" e a "ser coherente" para a reforma da Lei do Solo

02 Feb 2016
Puy criticou que no mesmo Pleno AGE pregunte ao Presidente da Xunta polos sectores produtivos galegos e se opoña á modificación do artigo 144 da Lei do Solo que garanta o futuro e o desenvolvemento da planta de PSA en Vigo

O GRUPO POPULAR DEFENDERÁ NO PLENO O ESTUDO DA ADHERENCIA DOS GALEGOS AOS MEDICAMENTOS E CREACIÓN DUN PROGRAMA DE MERCADOS NO CAMIÑO DE SANTIAGO

O Grupo Popular solicitou a apertura do procedemento para a substitución dos dous conselleiros de Contas que teñen concluído o seu mandato desde setembro

Santiago, 2 de febreiro de 2016.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana dúas proposicións non de lei sobre a necesidade de que a Xunta estude a adherencia dos galegos aos medicamentos e para a posta en marcha dun programa de mercados no Camiño de Santiago. Respecto da aprobación do proxecto de Lei do Solo, o portavoz Pedro Puy reiterou que “mantemos a esperanza de incorporar a reforma ao artigo 144” e dixo que AGE “debe reflexionar e ser coherente coa importancia que ten o sector do automóbil en Galicia e a expansión da factoría de PSA en Vigo para garantir o seu futuro e o emprego”.

A modo de resumo, Pedro Puy concretou que o Pleno da vindeira semana inclúe 28 iniciativas, das que sete son a iniciativa do Goberno galego e do Partido Popular e as outras 21 corresponden aos grupos da oposición. “É o triplo de iniciativas, o que demostra que non existe bloqueo as propostas da oposición, que é a que determina a inmensa maioría das cuestións que se debaten no Pleno”, indicou.

A sesión plenaria dará comezo co debate de dous proxectos de Lei: o debate de totalidade do proxecto de Lei de Patrimonio Cultural e o debate de aprobación do proxecto de Lei do Solo. Respecto desta última iniciativa lexislativa, Puy sinalou que “máis aló doutras discrepancias e do número de emendas incorporadas pola ponencia, sigue pendente a modificación do artigo 144 que non se pode levar adiante pola obstaculización de AGE”. 

PASMOSA ACTITUDE DE AGE

Neste sentido, considerou “realmente pasmoso” que AGE incorra na contradición na mesma sesión plenaria de preguntar ao Presidente da Xunta pola súa preocupación polos sectores produtivos galegos e opoñerse á tramitar esta emenda ao proxecto de Lei do Solo. “Coa súa actitude dan a entender que o sector do automóbil, a factoría de PSA en Vigo, o clúster de automóbil e todos os empregos que xera non son estratéxicos para Galicia”, sinalou.

“Vamos a manter a esperanza ata o último momento, que é a votación do vindeiro martes no Pleno, e AGE debe reflexionar se é coherente manter a súa postura coa importancia que ten o sector do automóbil en Vigo e a expansión desa factoría para garantir o seu futuro e o emprego”, sinalou Puy. 

Pedro Puy lamentou que a postura de AGE non permita que este problema “estea resolto en cuestións de días e non de semanas”, ao tempo que considerou “unha forma rara de defender á clase traballadora cando a principal industria da cidade de Vigo está pendente para garantir o seu futuro e desenvolvemento dunha decisión que está nas nosas mans poder adoptar o vindeiro martes”.

A orde do día da sesión plenaria incorpora, a continuación, a comparecencia do conselleiro de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria para informar do Plan de financiamento do Sistema Universitario de Galicia 2016-2020.

ADHERENCIA A MEDICAMENTOS E MERCADOS NO CAMIÑO

O  Grupo Popular defenderá neste Pleno dúas proposicións non de lei. “A primeira ten que ver coa materia sanitaria e refírese á adherencia aos tratamentos farmacolóxicos que pon o Servizo Galego de Saúde”, informou Puy, quen apuntou que o obxectivo “é facer un seguimento da adherencia real dos pacientes galegos aos fármacos e doutras cuestións que inciden na boa evolución da súa saúde”.

A segunda proposición no de lei do Grupo Popular pretende a posta en marcha dun programa de mercados no Camiño de Santiago, de xeito que se poidan aproveitar as oportunidades que a Ruta Xacobea pode xerar para os pequenos produtores e as persoas comerciantes das prazas de abastos e mercados dos concellos polos que discorre.

Por último, o Grupo Popular cuestionará ao Goberno galego sobre a situación na que se atopa o anteproxecto da Lei de Acuicultura de Galicia, logo do anuncio realizado polo Presidente da Xunta no último Pleno; e sobre as medidas que ten previsto adoptar a Xunta para atopar solución aos problemas de conexión co sistema de saneamento do Porto Seco de Monforte e facilitar a implantación de empresas neste parque empresarial. 

Na comparecencia logo da Xunta de Portavoces, Pedro Puy tamén informou de que a Mesa do Parlamento abriu o procedemento para a substitución dos dous conselleiros de Contas que teñen concluído o seu mandato desde o mes de setembro: Ramón José Núñez e Dositeo Rodríguez.

Síguenos nas redes sociais