Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Xunta destina 20M€ para mellorar camiños municipais de acceso a explotacións agrarias

28 Xan 2016
Santiago, 28 de xaneiro de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, deu conta hoxe da aprobación no Consello do Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias 2016, ao que a Xunta destinará 20 millóns euros. O seu obxectivo, dixo, é ampliar, mellorar ou manter os camiños rurais que facilitan o acceso, cando menos, a unha parcela dunha explotación agraria.
 
Segundo precisou, o plan destinará aos concellos 20 millóns de euros, o que supón un incremento do 25% con respecto ao orzamento de 2015 para este fin.
 
Feijóo explicou que os criterios de distribución destes fondos foron consensuados cos concellos galegos a través da Fegamp, e que será a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural a que execute estas axudas mediante subvencións aos municipios que se resolverán no mes de febreiro.
 
O mandatario sinalou que este plan supón continuar e ampliar os que xa se veñen aplicando desde o ano 2013. E, nesta liña, apuntou que axudará a mellorar as arterias do mundo rural; camiños, dixo, que cumpren unha dobre función: por unha banda, facilitar o acceso ás 30.000 entidades poboacionais nas que se asentan as vivendas do rural e, por outra, conectar os recursos económicos que saen desde as explotacións agrícolas e gandeiras.

Síguenos nas redes sociais