Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Dorado: "Seguiremos desmontando as mentiras sobre o Álvaro Cunqueiro con feitos"

27 Xan 2016
O deputado do Grupo Popular dixo que “mentres a oposición segue anclada no pasado criticando a posta en marcha dun hospital público, os profesionais sanitarios seguen prestando atención sanitaria gratuíta e de calidade neste centro”
 
“SEGUIREMOS DESMONTANDO TODAS AS MENTIRAS RESPECTO DO HOSPITAL  PÚBLICO ÁLVARO CUNQUEIRO DE VIGO CON FEITOS E INVESTIMENTOS”, AFIRMA JAVIER DORADO 
 
 
Santiago, 27 de xaneiro de 2016.- “Seguiremos desmontando todas e cada unha das súas mentiras respecto do Hospital Público Álvaro Cunqueiro de Vigo, e seguiremos a facelo con feitos e investimentos”, manifestou esta mañá no Parlamento o deputado do Grupo Popular Javier Dorado.
 
Na súa intervención no Pleno no debate dunha iniciativa de AGE sobre a xestión do Hospital Público vigués, Dorado saliento que se trata da “obra que querían e demandaban os vigueses, que se foi construíndo a pesar das zancadillas e as pedras no camiño que se atopou o actual Goberno da Xunta”.
 
ENÉSIMO ATAQUE
 
Javier Dorado considerou a iniciativa de AGE o “enésimo ataque ao Hospital Álvaro Cunqueiro”, fronte aos que o Partido Popular está a “defender a sanidade pública galega cos feitos”. Neste sentido, subliñou que o actual Goberno galego é o que máis investiu en infraestruturas sanitarias tendo cada ano menos orzamento”. 
 
O deputado popular lembrou que os grupos da oposición “comezaron dicindo que non se ía construír o Hospital Público Álvaro Cunqueiro, despois dixeron que ía ser privado, máis tarde que se quedaba pequeno, e agora veñen dicindo que está creado con material dos chinos”. “Tivemos que desmontar todas e cada unha das súas mentiras, e seguiremos a facelo con feitos e investimentos”, indicou.
 
“Mentres vostedes seguen anclados no pasado criticando a posta en marcha dun hospital público, os profesionais sanitarios seguen prestando atención sanitaria gratuíta e de calidade neste centro”, manifestou Dorado. Así, apuntou que desde a súa posta en marcha no mes de agosto, téñense realizado máis de 3.100 intervencións cirúrxicas, 10.500 hospitalizacións,  máis de 160.000 consultas e se atenderon máis de 50.000 urxencias.
 
Para rematar, Javier Dorado considerou “un bo momento para que cambien o seu modelo de oposición e facela máis útil para os galegos”, polo que amosou a necesidade de “rescatar á oposición deste Parlamento para que colabore na mellora da sanidade pública de Galicia”.
 

Síguenos nas redes sociais