Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O PARLAMENTO APROBA SOLICITAR AO CONCELLO DE VIGO A  INCLUSIÓN DO TRANSPORTE URBANO NO PLAN DE TRANSPORTE METROPOLITANO ·    “Non entendemos a negativa a firmar un convenio no que a Xunta financia o 100% do prezo que o usuario deixa de aboar polas bonificiacións e non lle supón custe adicional algún ao Concello” indicou Javier Dorado ·    Para o deputado popular “é necesario acabar co localismo exacerbado do alcalde de Vigo que pon os seus intereses por enriba dos cidadáns” Santiago, 28 de outubro de 2015.- O Parlamento de Galicia aprobou na sesión plenaria de hoxe unha inicaitiva do PPdeG encamiñada a retomar as negociacións co Concello de Vigo para incluír o Transporte Urbano “Vitrasa” dentro dos servizos do Plan de Transporte Metropolitano. O deputado popular Javier Dorado,encargado da defensa da iniciativa, resaltou as ventaxas para os usuarios con descontos medios do 50% nas viaxes metropolitanas e un sistema de billete único que facilita a intermodalidade,xa que na área de Vigo este Plan inclúe o transporte da ría.Así mesmo, indicou, os usuarios que realicen máis de 40 viaxes nun mes, terán unha bonificación adicional do 15% así como as familias numerosas que obterán descontos de entre o 20% e o…
O PARLAMENTO APROBA INSTAR Á XUNTA A AUMENTAR OS ESFORZOS PARA MELLORAR A COBERTURA DA VACINACIÓN DA GRIPE ·    “Non estamos ante unha cuestión menor, porque só o pasado ano a gripe causou o triplo de persoas falecidas que nas nosas estradas”, dixo Santalices ·    A campaña de vacinación comezou o pasado 19 de outubro e existen 530.000 doses para distribuír principalmente nos centros de saúde, centros penitenciarios ou residencias da terceira idade Santiago, 28 de outubro de 2015.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, co voto en contra de PSOE, AGE e BNG, a través da que se insta á Xunta a aumentar os esforzos que ven realizando para mellorar a cobertura poboacional con respecto da vacinación da gripe. O portavoz popular de Sanidade, Miguel Santalices, situou como obxectivo para o presente ano unha cobertura do 65 por cento para os maiores de 65 anos; do 35 por cento para as persoas entre 60 e 64 anos; e tamén do 35 por cento para o persoal sanitario. Miguel Santalices explicou que “a gripe é unha enfermidade leve que afecta a moita xente, especialmente a uns determinados colectivos, como maiores de 60…
O GRUPO POPULAR PROPÓN UN PACTO DE LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, LONXE DO USO PARTIDISTA E QUE LANCE Á SOCIEDADE UNHA MENSAXE DE UNIDADE ·    “Que os violentos interpreten que non hai fisuras na loita contra a violencia contra as mulleres, que saiban que non atoparán cobizo en ningures, e que cada proposta está pensada para sumar e para loitar contra eles e non para desgastar politicamente ao adversario”, sinalou Prado ·    Recoñeceu “o esforzo que leva feito a Xunta na dotación de recursos e servizos para a prevención, atención e tratamento de vítimas, incrementando as partidas orzamentarias no peor contexto económico” Santiago, 27 de outubro de 2015.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, propuxo hoxe no Parlamento un pacto de loita contra a violencia de xénero “onde se deixe o uso partidista e podamos lanzar á sociedade un mensaxe de unidade contra esta lacra”. Así mesmo, defendeu a elaboración, a través do Consello Galego das Mulleres Rurais, dun estudo sobre a incidencia da violencia de xénero nos concellos de ámbito rural, co obxectivo de ter unha diagnose para poder adoptar as medidas de actuación, prevención e sensibilización necesarias, proposta que o Grupo Socialista xa anunciou que…
O GRUPO POPULAR ASEGURA QUE EN GALICIA NIN SE EXCLUÍU NIN DISCRIMINOU NO ACCESO A TRATAMENTO DE REPRODUCIÓN ASISTIDA ÁS MULLERES CON OU SEN PARELLA DO MESMO SEXO Santiago, 27 de outubro de 2015.- A portavoz de Igualdade do Grupo Popular, Marta Rodríguez-Vispo, asegurou esta tarde no Parlamento que “as mulleres en Galicia, independentemente de que teñan parella do mesmo sexo ou non teñan parella, nunca se excluíron nin se discriminaron no acceso ao tratamento de reprodución humana asistida” Porén, Rodríguez-Vispo defendeu que “a Xunta de Galicia garanta o acceso ás técnicas de reprodución asistida no Sergas a todas as mulleres sen discriminación, comprometéndose a ofrecer este servizo sanitario público a mulleres sen parella ou sen parella varón que o soliciten”. PROTOCOLO A SEGUIR “En Galicia non existe nin existirá ningún tipo de discriminación na aplicación dos tratamentos de reprodución  humana asistida ás mulleres”, asegurou a portavoz popular. Neste sentido, lembrou a comparecencia no Parlamento o pasado 21 de outubro da secretaria xeral da Consellería de Sanidade sobre este mesmo tema onde concretou que “no Servizo Galego de Saúde se sigue un protocolo onde en absoluto se exclúe nin se discrimina ás mulleres que non teñan parella ou teñan parella…
PEDRO PUY AFIRMA QUE OS GALEGOS XÓGANSE NAS  ELECCIÓNS XERAIS “A ESTABILIDADE DUN GOBERNO QUE SACA AO PAÍS DA CRISE E A ESTABILIDADE DAS INSTITUCIÓNS” ·    O portavoz do Grupo Popular alertou, a preguntas dos xornalistas, de que “forzas que non son capaces de pactar coalicións chegaran a ser decisivas na conformación do Goberno” Santiago, 26 de outubro de 2015.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, asegurou  hoxe que os galegos xóganse nas vindeiras eleccións xerais do 20 de decembro “non só a estabilidade dun goberno que saca ao país da crise, senón a estabilidade dunhas institucións cuestionadas por algunha das forzas emerxentes, que aproveitan a crise e os seus efectos para cuestionar a historia de éxito da Constitución e dos estatutos da autonomía”. A preguntas dos xornalistas, Puy manifestou que desde o Partido Popular de Galicia “abordamos a campaña coa máxima predisposición para explicar o forte compromiso do Goberno de Rajoy non so coa recuperación económica senón tamén coa Comunidade galega”. En concreto, sinalou que o traballo do Goberno central respecto a Galicia nestes últimos anos “vese non so nas medidas adoptadas para que a economía mellore, senón tamén coas políticas de infraestruturas”, lembrando as críticas desde diversos…
O GRUPO POPULAR DEFENDERÁ NO PLENO MELLORAR A COBERTURA DA VACINACIÓN DA GRIPE E INCORPORAR O TRANSPORTE PÚBLICO URBANO DE VIGO NO TRANSPORTE METROPOLITANO ·    Tamén preguntará ao Goberno galego sobre a evolución do turismo en Galicia e a conexión do polígono industrial de San Cibrao das Viñas coa A-52 Santiago, 26 de outubro de 2015.- O Grupo Popular defenderá no Pleno que se celebra mañá e o mércores dúas proposicións non de lei para mellorar a cobertura poboacional con respecto á vacinación da gripe e para que o transporte público urbano de Vigo se incorpore ao Plan de Transporte Metropolitano existente na comarca viguesa. A sesión plenaria dará comezo mañá coa elección de tres membros do Consello Social da Universidade de A Coruña e a comparecencia do conselleiro de Educación para dar conta do inicio do curso escolar. Dentro do apartado de proposicións non de lei, o Grupo Popular defenderá que a Xunta aumente os esforzos que ven realizando para mellorar a cobertura poboacional con respecto á vacinación da gripe. EFECTIVIDADE DA VACINA O portavoz popular, Pedro Puy, manifestou que a efectividade da vacinación contra a gripe “está totalmente comprobada”, pero alertou “dunha diminución nos últimos anos do número…
O titular da Xunta presidiu hoxe a inauguración do Centro Internacional de Acollida aos Peregrinos Feijóo inaugura o Centro que “revolucionará” a acollida de peregrinos: “hoxe chegan máis que nunca e estarán mellor atendidos que nunca” Sinala que a Xunta achegou ao proxecto un millón e medio de euros, “pouco se o comparamos co extraordinario retorno directo e indirecto que se produce” Reitera o seu compromiso de que que o Camiño chegue á súa gran cita do ano 2021 nas mellores condicións posibles Santiago, 26 de outubro de 2015.- Alberto Núñez Feijóo salientou hoxe que o Centro Internacional de Acollida aos Peregrinos revolucionará a acollida de peregrinos, ao adaptarse ás novas necesidades dos verdadeiros protagonistas do Camiño. Segundo resaltou o presidente, coa inauguración deste novo Centro Internacional de Acollida, faise realidade un soño que semellaba inalcanzable hai apenas 25 anos e que hoxe “é posible grazas á colaboración de todos”, entre outros a da Fundación Catedral á cal o presidente da Xunta quixo agradecer o seu apoio espiritual e económico. Esta obra, que leva consigo a recuperación do edificio do antigo Asilo da rúa de Carretas de Santiago de Compostela, contará coas seguintes instalacións: espazo de atención aos peregrinos en…
O mandatario galego, xunto ao presidente de Gas Natural Fenosa, Salvador Gabarró, presentou hoxe o Plan de expansión do gas en Galicia para o período 2015-2020 Feijóo subliña que o Plan de Gasificación de Galicia 2015-2020 repercute sobre tres ámbitos prioritarios para o Goberno galego: o económico, o medioambiental e o do benestar Indica que o plan recolle un investimento por parte da empresa de 195 millóns de euros para estender a rede de gas natural en 44 novos municipios (o que beneficiará a 410.000 galegos) e 20 polígonos industriais, ademais de potenciar o uso do gas natural comprimido (GNC) no transporte Destaca que en 2020 113 concellos, un 64% máis, 63 polígonos industriais, e 1,3 millóns de vivendas en Galicia disporán deste servizo Indica que potenciará tamén o uso do gas natural comprimido (GNC) nas frotas urbanas municipais de autobuses e na recollida de residuos sólidos urbanos das sete grandes cidades galegas Asegura que desenvolver este é un modo de beneficiar as familias, de impulsar o tecido industrial e de avanzar na cohesión territorial a través das infraestruturas Sinala que o plan será custeado na súa totalidade pola empresa, e que a Xunta se asegurará do cumprimento dos seus…
Ourense, 26 de outubro de 2015.- “O primeiro obxectivo do PP é estar ao carón dos cidadáns que aínda non teñen emprego” dixo hoxe o deputado no Congreso por Ourense, Celso Delgado, durante a súa comparecencia diante dos medios de comunicación para facer balance das políticas de emprego na lexislatura que ven de rematar. Unha comparecencia na estivo acompañado pola deputada Ana Belén Vázquez, os senadores Carmen Leyte, Juan Manuel Jiménez e Francisco José Fernández, e mailo secretraio xeral do PP ourensán, Rosendo Fernández. Celso Delgado defendeu que as reformas impulsadas polo goberno do Partido Popular foron o fundamento da recuperación, permitindo que na provincia de Ourense se pasara dos 28.217 parados rexistrados en decembro de 2011, último mes da lexislatura de Zapatero, aos 23.506 desempregados no pasado mes de setembro. É dicir, máis de 4.711 ourensáns atoparon traballo durante a presente lexislatura, a décima que hoxe chega ao seu fin. Os resultados destas reformas, engadiu o deputado, tamén se observan nos datos da última EPA, que reflicten nestes catro anos un descenso en Ourense na taxa do paro de máis de tres puntos, pasando do 21,52 % no terceiro trimestre de 2011 ao 18,10 % actual. A EPA tamén…

Síguenos nas redes sociais