Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

A conselleira do Medio Rural e Carlos Cabanas reúnense con alcaldes e voceiros populares para avaliar a situación do sector gandeiro en Galicia Ángeles Vázquez: “O leite sube de 27,7 céntimos a 28,3. Non é o que nos gustaría pero é un avance”  • Neste encontro púxose de manifesto o compromiso do Goberno Central de actuar como garante do acordo asinado polos axentes do sector leiteiro Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2015.- A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, e o secretario xeral de Agricultura y Alimentación do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente (Magrama), Carlos Cabanas, reuníronse esta tarde con alcaldes e voceiros populares para avaliar a situación do sector gandeiro e para abordar diversos temas de interese, especialmente os relativos á actualidade dos sectores lácteo e cárnico. No tocante ao lácteo, Váquez sinalou que lle gustaría que os pasos de mellora foran maiores para este sector pero que están no bo camiño. “Hai avances, rematamos coa banalización do lácteo, fomos quen de conseguir que se uniran as distintas partes e estamos nun camiño á alza que se notou nos prezos medios, que pasaron de 27,7 céntimos en setembro a 28,3 céntimos na actualidade”, sinalou a…
O voceiro do PPdeG salienta que hoxe hai menos inscritos nas oficinas de desemprego dos que había no ano 2010 Tellado pon en valor que Galicia se sitúe a niveis de paro inferiores aos de hai cinco anos • Hoxe Galicia ten 21.952 desempregados menos que en outubro de 2014, o que supón un descenso das persoas sen emprego dun 9,00% Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2015.- O portavoz do PPdeG, Miguel Tellado, puxo en valor que Galicia se sitúe a niveis de desemprego inferiores aos que se rexistraban hai cinco anos “o que amosa unha evolución interanual que continúa sendo positiva e que hoxe hai menos inscritos nas oficinas de desemprego dos que había no ano 2010”, sinalou. Tras coñecerse esta mañá os datos do paro do mes de outubro, Tellado apuntou que para a nosa Comunidade é a segunda maior baixada interanual en termos absolutos de toda a serie histórica e a cuarta en termos relativos, o que supón dous anos de baixadas consecutivas interanuais.  Deste xeito, hoxe Galicia ten 21.952 desempregados menos que en outubro de 2014, o que se traduce un descenso das persoas sen emprego dun 9,00%. En total, o pasado mes rexistráronse…
“O feito de que as accións que anuncian son moito máis graves require unha actuación máis contundente por parte de quen ten a responsabilidade de defender a lexislación democrática vixente”, apuntou PUY CONSIDERA “AXEITADA” A RESPOSTA DO GOBERNO CENTRAL RESPECTO DAS ACCIÓNS QUE PROMOVEN OS INDEPENDENTISTAS CATALÁNS Santiago, 3 de novembro de 2015.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, considerou “axeitada” a resposta que o Goberno central está a dar respecto das accións que promoven os independentistas cataláns “e o feito de que neste momento as accións que están anunciando son moito máis graves requiren unha actuación máis contundente por parte de quen ten a responsabilidade de defender a lexislación democrática vixente”. Puy sinalou que a convocatoria para esta mañá da Xunta de Portavoces no Parlamento de Cataluña é unha “mostra máis de que os independentistas cataláns están superando a lexislación en moitos aspectos, mesmo tamén no aspecto parlamentario”. “É unha mostra máis de que os independentistas están aproveitando este momento para superar o réxime legal democrático vixente”, apuntou. PERVERTER AS NORMAS Por este motivo, lamentou que “todo isto ocorre porque hai persoas que están actuando para perverter e superar as normas democráticas vixentes”, pero sinalou que é “evidente…
A sesión plenaria tamén acollerá o debate de totalidade dos proxectos de Lei de transparencia e bo goberno; e de medidas fiscais e administrativas dos orzamentos O GRUPO POPULAR DEFENDERÁ NO PLENO A APERTURA DUNHA BIBLIOTECA PÚBLICA ESTATAL EN VIGO E A ELABORACIÓN DUN NOVO DECRETO SOBRE O FUNCIONAMENTO DOS CIM ·    Os deputados populares cuestionarán ao Goberno galego sobre as expectativas futuras dos estaleiros da ría de Ferrol e as previsións para a posta en servizo da vía de altas prestacións Sarria-Monforte Santiago, 3 de novembro de 2015.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana dúas proposicións non de lei a través das que se solicita a apertura dunha biblioteca pública do Estado en Vigo e a elaboración dun novo decreto que actualice a adecúe á realidade actual a normativa existente sobre os centros de información á muller. O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, concretou que a orde do día da sesión plenaria incorpora 28 puntos, dos que dous proxectos de lei son a iniciativa do Goberno galego e outros cinco a proposta do Grupo Popular. “Unha vez máis demóstrase que o Parlamento non só non está ao servizo do Goberno senón que os debates e…
O líder do PPdeG clausura en Vigo o acto do programa #CumPPlimos, acompañado por Ana Pastor e por Pablo Casado Feijóo: “O PP é o único partido coa firmeza e a credibilidade necesarias para plantarlle cara á crise territorial, como foi o único capaz de afrontar a económica” • Di que os populares demostraron nos últimos catros anos que teñen un proxecto económico, un proxecto social e un proxecto político para o noso país Vigo, 31 de outubro de 2015.- O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, asegurou hoxe en vigo que “o PP é o único partido coa firmeza e credibilidade necesarias para plantarlle cara á crise territorial, como foi o único capaz de afrontar a económica”. Así se expresaba o dirixente popular na clausura do acto do programa #CumPPlimos que se celebrou hoxe en Vigo e onde estivo acompañado pola ministra de Fomento, Ana Pastor, e polo vicesecretario de Comunicación do PP, Pablo Casado. Segundo o presidente do PPdeG, España non merece que triunfe nin o voto do perdón aos que levaron o país á peor crise económica, nin tampouco o voto da condescendencia co que sementou coa súa irresponsabilidade a crise territorial. Así mesmo, o líder popular…
Permitirá aos grupos posicionarse, ben na defensa da unidade de España, ou ben xunto a Mas, Junqueras e a CUP O PPdeG presentará nos concellos unha declaración en defensa do Estado das Autonomías fronte ao separatismo • O texto será similar ao avanzado onte pola Xunta e será debatido a través dunha moción Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2015.- O voceiro do PPdeG, Miguel Tellado, avanzou hoxe a presentación nos 314 concellos de Galicia da Declaración de apoio ao Estado das Autonomías avanzada onte pola Xunta. O texto reflicte o apoio inequívoco da Comunidade a un país que está a afrontar agora o reto de frear a deriva secesionista impulsada por Junts pel Sí e a CUP. Fronte a eles, Galicia e os galegos están a favor da unidade e de manter o clima de convivencia establecido por todos no marco da Constitución. Por iso, o PPdeG pedirá aos municipios galegos que mostren ese sentir maioritario votando no Pleno un texto similar ao presentado onte polo presidente, Alberto Núñez Feijóo, e que será debatido en forma de moción. Para Tellado, será unha forma de que cada grupo teña a oportunidade de posicionarse, ben cos que defenden a unidade…
A declaración secesionista que determinadas formacións políticas queren levar ao Parlamento de Cataluña é un desafío ao conxunto do Estado das Autonomías. Non é un desafío a un goberno concreto, senón a todas as comunidades que, conxuntamente, conformamos España. Afecta, por tanto, a unha nación plural que é produto dunha longa historia, pero sobre todo da libre decisión dos seus cidadáns e da vontade democrática dos pobos que a compoñen. España é como os españois quixemos que fose cando recobramos a democracia. España é como decidiron os cidadáns dos diferentes territorios, conscientes de que o Estado das Autonomías era a mellor fórmula de artellar unidade e diversidade. Galicia, como parte desa España, e os galegos, como titulares dos seus dereitos democráticos, fomos protagonistas dese gran pacto histórico. Por iso, nin Galicia nin os galegos somos alleos aos intentos fraudulentos de liquidalo. O mesmo país que rexeitou a pretensión de limitar o noso autogoberno, non pode admitir que se poña en risco España das Autonomías que é tanto como dicir, a propia Autonomía galega. Galicia e Cataluña –como o resto das comunidades-- son realidades diversas onde conviven diferentes maneiras de pensar, e xeitos variados se sentirse español, galego e catalán. Todos…
A Xunta pon en marcha a Carteira de servizos sociais de familia, infancia e adolescencia para colocar Galicia entre os lugares con maiores atencións ás nenas e nenos Feijóo di que esta medida enmárcase dentro da nova concepción dos servizos sociais que se está a implantar, o modelo das carteiras, e que permite optimizar os recursos e deseñar os servizos sociais centrándose nas necesidades dos usuarios e non nas infraestruturas dispoñibles Indica que a Carteira estrutúrase en dous eixos: o dos servizos xerais, destinado a aquelas familias e menores que non presentan necesidades concretas; e o dos servizos específicos, que personaliza ao máximo a atención que se lle dá ás persoas con necesidades especiais Explica que a Carteira regula os servizos xa existentes e optimiza os recursos, aproveitando ao máximo as prestacións das que se dispón para ofrecer o mellor servizo posible e, ademais diso, incorpora novos servizos, como as casas niño Avanza que se abre tamén a porta ao Servizo de Axuda no Fogar para a Infancia, que poderá prestarse no domicilio familiar. Tanto este servizo como as casas niño poderán funcionar tamén polas noites en circunstancias como o ingreso hospitalario dos pais, algo totalmente novidoso “En definitiva, con…
Feijóo sinala que co Plan de financiamento universitario a Xunta blinda o bo funcionamento das universidades galegas ata 2020, garantindo a súa estabilidade financeira Agradece a vontade de diálogo e o esforzo das tres universidades para chegar a un acordo e garantir para a Universidade Pública galega un plan que asegura un maior e mellor financiamento Di que as Universidades galegas recibirán case un 18% máis de fondos ca no período anterior. Así, destinaránselles case 2.500 millóns de euros nos vindeiros cinco anos Sinala que o Plan introduce unha serie de melloras respecto do anterior, en tres sentidos: establece un reparto máis simple e transparente dos fondos; prima a eficiencia na xestión; e liga o financiamento aos resultados docentes, de investigación e de transferencia Apunta que está estruturado en dúas grandes patas, que son o Financiamento Estrutural, que garante a estabilidade do sistema; e o Financiamento por Resultados, que garantirán a excelencia docente e investigadora das Universidades galegas “Impulsamos un Plan que reforza o peso do financiamento por resultados porque este é o mellor sistema para reforzar a excelencia da Universidade, pero que ao tempo blinda a súa suficiencia financeira e garante que cada ano, no que resta de década,…

Síguenos nas redes sociais