17, decembro, 2018. O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, dixo, esta tarde en Culleredo, que o PP é un partido de xestión e de goberno e contrapuxo á frivolidade doutras formacións que danan as institucións. Así, salientou o papel clave que tivo na superación das dúas crises máis graves que sufriu este país e na transformación de Galicia.
Santiago, 14 de decembro de 2018.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, considerou hoxe que os grupos da oposición “non queren facer unha verdadeira comisión de investigación sobre a sanidade pública galega para chegar a unhas conclusións aproveitando a información recadada a través de informes e comparecencias e facer propostas de mellora do sistema sanitario”. “Están xogando a non debater, a non contrastar cifras e a non facer propostas en serio, ante o que o Grupo Popular asumimos a responsabilidade de levar adiante a comisión de investigación”, apuntou.
17, decembro, 2018.O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou esta tarde que o Partido Popular de Galicia foi o mellor freo para o nacionalismo galego nas últimas catro décadas. “E seguirao sendo, porque demostrou ser un partido que defende que ser galego e ser español non son incompatibles, senón as dúas caras naturais da nosa identidade”, engadiu.
Santiago, 17 de decembro de 2018.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe que a aprobación dos orzamentos da Comunidade galega para 2019 “é unha boa nova para Galicia e un síntoma de estabilidade institucional e unha mensaxe de confianza para os axentes económicos”.
16, decembro, 2018. O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, advertiu, esta mañá, que o próximo 26 de maio, votar BNG será votar tamén ao independentismo catalán e ao peor dos independentismos vascos, xa que os candidatos do BNG, sexan de Carballo ou de calquera outro concello, irán en coalición con ERC e Bildu.
Santiago, 14 de decembro de 2018.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, criticou esta tarde “a hipocresía do Partido Socialista, que minusvalorou hai dúas semanas o anuncio feito pola Xunta de reducir á metade as peaxes nas autoestradas da súa titularidade entre as 0 e as 6 da mañá e hoxe mesmo o Goberno socialista aproba eliminar a peaxe neste mesmo tramo horario nas autoestradas que foron rescatadas”.
Santiago, 14 de decembro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita que a Xunta habilite na Casa-Biblioteca Domingo Fontán, no lugar de Porta de Conde no concello de Portas, unha exposición permanente no que se expoña o seu traballo e obra e poida ser visitado para divulgar a súa vida e obra.
15, decembro, 2018.O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo,asegurou hoxe que, cando hai un goberno frívolo, os cidadáns deixan de confiar nas institucións. Por este motivo, animou a reconducir esta situación nos próximos comicios municipais.
14, decembro, 2018.O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo,afirmou que “hai un pouco do PP en cada recuncho de España e debe haber un pouco de cada recuncho de España no PP”, subliñando que na súa formación hai xestión, Goberno, solvencia, experiencia e responsabilidade, por iso “non se vai a atopar noutro partido o que se busca no Partido Popular e non se vai a atopar noutro partido un Goberno que realmente goberne”.

Síguenos nas redes sociais