Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

ppdegalicia-gl

ppdegalicia-gl (2432)

Children categories

Santiago, 20 de decembro de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España que adecúe ou mesmo elimine, tendo en conta as peculiaridades laborais do sector marítimo-pesqueiro, a norma que obriga ao rexistro diario da xornada a bordo dos buques pesqueiros en base á posible inviabilidade de aplicación.
Santiago, 20 de decembro de 2019.- A Comisión de non permanente de estudo para a Igualdade e para os dereitos das mulleres aprobou hoxe o seu ditame, logo da comparecencia de máis de 80 persoas e a análise de cerca de 30 informes, “con propostas que son o primeiro paso para a elaboración do Pacto Galego contra a Violencia de Xénero”, manifestou a portavoz popular nesta materia, Marián García Míguez.
Santiago, 27 de decembro de 2019.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe que a Axenda Galicia coas medidas prioritarias da Comunidade galega ao próximo Goberno de España “capitalizou as iniciativas do PPdeG no último período de sesións e será o eixo que centrará as demandas para os vindeiros meses”.
20, decembro, 2019. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, reprochoulle ao PSdeG que se negase a apoiar que a Comunidade reciba o que lle debe o Goberno central e tacha de inaceptable a súa actitude: “Unha vez máis, o señor Caballero demostrou que lle interesa máis a aprobación de Sánchez que a sanidade, a educación ou os servizos sociais de Galicia”. 
Santiago, 18 de decembro de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España que ingrese a Galicia as contías do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) non liquidadas correspondentes a unha mensualidade do exercicio 2017, ao tempo que se solicita a convocatoria urxente do Consello de Política Fiscal e Financeira, cunha orde do día que inclúa un punto específico para abordar a aprobación a Galicia dos incentivos polo seu bo desempeño fiscal nos anos 2017 e 2018.
Santiago, 18 de decembro de 2019.- A deputada popular Maribel Novo Fariña incidiu hoxe no Parlamento que a modificación do estatuto da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) “non implica nin privatización, nin desmantelamento, nin redución de competencias nin cambio ou reforma das políticas ou programas desta entidade, porque unicamente se trata de cambios administrativos na estrutura interna para permitir axilidade e eficiencia na implantación das políticas e programas que continuamente se negocian cos distintos sectores”.
Santiago, 18 de decembro de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Ministerio de Fomento a elaboración e presentación, á maior brevidade, dun Plan Director de transporte de mercadorías para o noroeste peninsular, que estableza unha programación para o desenvolvemento dunha rede ferroviaria de calidade e acorde cos requisitos establecidos para a rede principal da Rede Transeuropea de Transporte.
Santiago, 18 de decembro de 2019.- A deputada do Grupo Popular Encarna Amigo afirmou hoxe que o Plan Estratéxico de Saúde Mental de Galicia, que entrará en vigor en 2020, permitirá “diminuír o impacto que o padecemento dun trastorno mental xera nas persoas que o presentan e nas súas familias”.   Encarna Amigo manifestou que “os rápidos cambios sociais, as condicións de traballo estresantes, a discriminación de xénero, a exclusión social, os estilos de vida pouco saudables, o baixo nivel educativo, a violencia e a mala saúde física son factores de risco para o desenvolvemento de trastornos mentais”.   “O Sergas, atento ás necesidades dos galegos, valora esta problemática e creou hai varios meses un grupo de traballo ao que se lle encargou a elaboración do Plan Estratéxico de Saúde Mental”, sinalou a deputada popular.   O obxectivo, como avanzou o conselleiro na súa comparecencia en Comisión no Parlamento para presentar os orzamentos de 2020, é aprobar o vindeiro ano o Plan Estratéxico de Saúde Mental 2020-2023, que contará con cinco liñas estratéxicas e 112 proxectos para mellorar a calidade dos servizos prestados en materia de asistencia sanitaria.   “Este plan, traballado, meditado e elaborado por especialistas, recolle o desenvolvemento…
Santiago, 18 de decembro de 2019.- A portavoz de Educación do Grupo Popular, María Antón Vilasánchez, demandou hoxe ao Goberno central que “cumpra coa Lei 4/2019 de mellora das condicións para o desempeño da docencia e da ensinanza no ámbito da educación non universitaria, establecemento un marco de financiamento adecuado e suficiente”.
Santiago, 17 de decembro de 2019.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, defendeu hoxe no Pleno que a Xunta “manteña o seu compromiso coa asistencia sanitaria aos veciños de Verín, abrindo a posibilidade da recuperación do paridoiro se cumpre as condicións de seguridade para elo e se cobren as prazas de pediatría convocadas para o Hospital Comarcal”.
Páxina 6 de 174

Síguenos nas redes sociais