Santiago, 23 de novembro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular e coa abstención de En Marea, a través da que se insta á Xunta a seguir potenciando os programas de mellora da raza rubia galega. “Temos que seguir traballando conxuntamente todo o sector para seguir investindo en xenética, piar fundamental da mellora gandeira”, sinalou o deputado popular Daniel Vega.
Santiago, 23 de novembro de 2018. O Grupo Parlamentario Popular destacou hoxe a relevancia do proxecto europeo Positive, de investigación sobre a vespa velutina, que suporá un importante avance na minimización dos efectos desta especie invasora na nosa sociedade, especialmente na apicultura.
23, novembro, 2018. As mulleres do PPdeG esixiron esta mañá á voceira do BNG, Ana Pontón, unha desculpa por vincular ao Partido Popular coa “Manada”. Así, nunha rolda de prensa, Marta Rodríguez Arias e Susana López Abella, acompañadas doutros cargos do partido, deron resposta ás declaracións da deputada nacionalista no Parlamento, lamentando que colocara ao PP do lado dos que son tolerantes ou condescendentes coa violencia de xénero e usando esta lacra cunha intencionalidade electoral como xa fixo o Bloque hai un ano.
Santiago, 22 de novembro de 2018.- O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, defendeu este xoves no Parlamento galego unha proposición non de lei para instar á dirección da empresa pública Navantia para que continúe o esforzo no eido comercial e manteña a carga de traballo en obra civil do estaleiro de Fene, ben sexa a través da eólica offshore ou coa construción de buques civís.  
Santiago, 22 de novembro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a seguir afondando na mellora e especialización da Vía da Plata como ruta preferente para os peregrinos a cabalo a través da creación polo menos dun albergue adaptado a estes usuarios.
Santiago, 22 de novembro de 2018.- O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno do Estado que asuma os custes dos suplementos territoriais en relación ás peaxes polo acceso á enerxía eléctrica, si finalmente non prospera o recurso interposto polo Goberno galego contra esta orde do Goberno central.
Santiago, 22 de novembro de 2018.- A Comisión de Investigación sobre a sanidade pública aprobou hoxe a modificación do plan de traballo presentada polo Grupo Popular e que supón incorporar 13 novos comparecentes, todos eles recollidos nas propostas realizadas polos grupos da oposición. “A pesar disto, En Marea, PSdeG e BNG se ausentaron na votación final para que estas persoas participaran na comisión”, criticou o portavoz de Sanidade, Aurelio Núñez Centeno.
Santiago, 21 de novembro de 2018.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos garantiu hoxe no Pleno do Parlamento que “a futura Cidade Deportiva do Celta en Mos só será posible se cumpre todos os requisitos legais”. Así mesmo, criticou o “cinismo dos socialistas ao sinalar que esta infraestrutura atacará ao pequeno comercio de Vigo, cando desde o Concello vigués autorizaron grandes superficies comerciais como Vialia, Valadares, Recaré ou a futura de Porto Cabral”.
Santiago, 21 de novembro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que foi transaccionada co Grupo Socialista, a través da que se demanda ao Goberno central que leve a cabo as reformas lexislativas aprobadas e recollidas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero coa máxima celeridade, ao tempo que concreta a forma e o prazo sobre a formalización da distribución dos créditos correspondentes a este Pacto de Estado tanto ás comunidades autónomas como ás entidades locais para o ano 2019.

Síguenos nas redes sociais