Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Santiago, 2 de outubro de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno do Estado impulsar a execución dunha axenda sectorial da industria da automoción, co obxectivo de promover un sector competitivo.
2, outubro, 2019. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, afirmou que Pedro Sánchez é unha ameaza constante para o emprego tanto para a nosa Comunidade como para o conxunto do Estado. Así se expresaba tras publicarse os datos do paro de setembro, que tamén reflicten que, malia que as decisións do Executivo nacional non fan máis que prexudicar á nosa industria, “Galicia segue resistindo o efecto Sánchez no emprego”.   
Santiago, 2 de outubro de 2019.- O Grupo Popular amosou hoxe no Parlamento o seu apoio, a través da aprobación dunha proposición non de lei, ás xustas reivindicacións das traballadoras e traballadores das empresas auxiliares que prestan servizos de operación e mantemento de rede e atención ao cliente de R Cable, para que estes servizos continúen a ser prestados desde territorio galego, garantindo ademais que a atención ao cliente se siga dando en galego.
Santiago, 2 de outubro de 2019.- A deputada do Grupo Popular Sandra Vázquez defendeu hoxe no Parlamento que a Xunta reforce o vindeiro ano 2020 as medidas de apoio ao relevo xeracional en favor das traballadoras e traballadores autónomos, mantendo o diálogo e o consenso coas asociacións máis representativas do colectivo ao abeiro da Mesa do Emprego Autónomo de Galicia.
Santiago, 1 de outubro de 2019.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana que o Goberno central garanta os centros produtivos e os postos de traballo na factoría de Alcoa en San Cibrao, ao tempo que se aprobe, de xeito inmediato, o estatuto de apoio ás empresas electrointensivas. Así mesmo, solicitará a creación, dentro da futura Lei reguladora dos xogos de Galicia, dun Observatorio galego de xogos, que elabore un protocolo de menores nesta materia e un informa anual sobre o xogo na Comunidade galega.

Síguenos nas redes sociais