Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

18, outubro, 2019. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, destacou que  “desde que Feijóo é presidente da Xunta lévalle aforrado aos galegos arredor de 1.500 millóns de euros en impostos, que se mantiveron así nos petos dos traballadores e das familias desta Comunidade”.
Santiago, 17 de outubro de 2019.- A deputada do Grupo Popular Julia Rodríguez Barreira asegurou hoxe no Parlamento galego que os parques eólicos de Serra das Penas e de Paradela “compren coa lexislación vixente e foron autorizados hai 12 anos polo Goberno bipartito logo da tramitación administrativa necesaria para proceder á súa construción”.
Santiago, 17 de outubro de 2019.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno central a eliminación inmediata da peaxe de Redondela na AP-9, dando cumprimento ao acordo unánime tomado polo pleno deste Parlamento e ao compromiso asumido polo Goberno de Mariano Rajoy, así como a execución das obras compensatorias acordadas entre o Ministerio de Fomento e o Concello de Redondela.
Monforte, 16 de outubro de 2019. As deputadas autonómicas Raquel Arias e Julia Rodríguez e a deputada provincial e alcaldesa de Folgoso do Courel, Lola Castro, mantiveron hoxe unha xuntanza con rexedores e voceiros do PP da zona sur de Lugo para abordar a situación das conexións ferroviarias da provincia. Un encontro no que os asistentes amosaron a súa preocupación pola “constante precarización” dos servizos ferroviarios que afectan aos lucenses, derivado “da falta de prazas para longa distancia, das deficiencias nas infraestruturas, da ausencia de plans que melloren a conectividade da provincia con Galicia e co resto de España ou do incumprimento dos prazos para a chegada do AVE”.
16, outubro, 2019. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, dixo que, se quixese, o Goberno de Sánchez podería adoptar unha solución para evitar o peche inmediato da central das Pontes xa que ten ao seu alcance instrumentos fiscais que permitirían que as plantas térmicas do noso país volveran ser competitivas como fixeron os executivos de Francia, Alemaña ou Reino Unido. “A día de hoxe hai en Europa máis de 100 centrais térmicas funcionando. Non queremos ser máis que ninguén pero tampouco menos”, destacou.
Santiago, 16 de outubro de 2019.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos solicitou hoxe que o Goberno central elabore un informe amplo e exhaustivo sobre todos os bens que puideron pasar a formar parte do patrimonio dos Franco de maneira irregular ou ilícita, “do mesmo xeito que procedeu co inventario de bens inmatriculados pola Igrexa e que xa obra en poder do Goberno de Pedro Sánchez”.
Santiago, 16 de outubro de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se solicita ao Goberno central que potencie o papel do procurador como colaborador da Administración de Xustiza, tamén na fase de execución das resolución xudiciais, coa realización de actos de cooperación acorde coas fórmulas empregadas no Dereito Europeo e coa finalidade de axilización dos procedementos xudiciais.
Santiago, 15 de outubro de 2019.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana unha proposición non de lei a través da que se esixe ao Goberno central que rectifique a súa política enerxética e tome as medidas necesarias para garantir a continuidade da central térmica de As Pontes. Así mesmo, solicitará un compromiso expreso do Goberno do Estado para que non aplique novas subas de peaxes na AP-9, ao tempo que realiza diversas obras comprometidas tanto nos accesos a esta autoestrada como na liberación ou bonificación das peaxes.   Ao remate da Xunta de Portavoces, o portavoz popular, Pedro Puy, salientou o extenso do Pleno da vindeira semana, no que se incorporaron 36 cuestións á orde do día, das que 27 son a iniciativa dos grupos da oposición. Ademais, subliñou que “19 iniciativas son de control ao Goberno galego, o que pon de manifesto que a maioría non coarta as iniciativas da oposición e o Goberno galego tampouco elude o control parlamentario”.   COMPARECENCIAS DA VALEDORA E EDUCACIÓN   A sesión plenaria inclúe a comparecencia da Valedora do Pobo, para presentar o seu informe anual correspondente a 2018; e da conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional sobre…
  Santiago, 14 de outubro de 2019.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe que “os cidadáns non entenden que o Goberno central se apropie dunhas cantidades recadadas que corresponden ás comunidades autónomas” e indicou que “o que subxace é un intento de transferir ás comunidades un problema de axuste do gasto ou de déficit”. Así mesmo, criticou que o delegado do Goberno avanzara onte un adiamento da chegada do AVE a Galicia ata 2021, “só tres semanas despois de que o seu partido apoiara no Debate sobre o Estado da Autonomía unha resolución na que se pedía ao Goberno central que o AVE estivera funcionando con todas as garantías de seguridade e se puideran mercar os billetes o vindeiro ano 2020”.   Pedro Puy manifestou que a aprobación no Consello de Ministros do pasado venres do traspaso a Galicia das cantidades correspondentes ás entregas a conta “nos deixa un saber agridoce”. Neste sentido, salientou que “ao final se impuxo o que dixemos desde o primeiro momento, ratificado por un informe dos Servizos Xurídicos da xunta e remitido ao Goberno central”, polo que considerou “unha manobra lamentable do Goberno socialista porque era posible facelo por decreto lei, sen…

Síguenos nas redes sociais