Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Santiago, 12 de setembro de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno do Estado, no ámbito das súas competencias, que garanta a seguridade das frotas pesqueiras españolas en augas internacionais, especialmente ante a decisión de Reino Unido de endurecer a vixilancia nas súas augas.
Santiago, 11 de setembro de 2019.- A portavoz de Enerxía do Grupo Popular, Marta Nóvoa, criticou hoxe “o cinismo e a falta de vergoña dos socialistas galegos, capaces de apoiar hoxe no Parlamento galego unha proposición non de lei solicitando medidas urxentes para as empresas electrointensivas, en especial Alcoa, cando levan cinco meses de promesas incumpridas desde o Goberno central socialista nos que ata chegaron a dar por solucionado este problema”.
Santiago, 11 de setembro de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei impulsada polo Grupo Popular, coa abstención do Grupo Socialista, Grupo Común da Esquerda e BNG, a través da que se insta á Xunta a manter a súa defensa ante a UNESCO da candidatura a Patrimonio da Humanidade que abarca a totalidade do territorio do actual Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, sen excluír aos arquipélagos de Ons e Sálvora nin a illa de Cortegada.
Santiago, 11 de setembro de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou unha iniciativa do Grupo Popular na que lle reclama ao Goberno Central medidas para manter a actividade na central térmica das Pontes.
Santiago, 11 de setembro de 2019.- O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o Grupo Mixto, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a elaborar, ao longo de 2020, un protocolo específico de atención ás persoas maiores que viven soas que coordine as actuacións de todos os servizos públicos e institucións implicadas na materia, contando especialmente cos servizos sociais comunitarios.
Santiago, 11 de setembro de 2019.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, demandou hoxe ao Goberno do Estado “unha mellora das bolsas para estudantes universitarios, xa que leva dúas convocatorias sen modificar absolutamente nada”. Así mesmo, salientou que a Xunta “leva unha década colaborando coas universidades galegas no proceso de mellora da oferta de titulacións, adaptándoas á realidade de Galicia dun xeito consensuado”.
Santiago, 10 de setembro de 2019.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, incidiu hoxe no Parlamento no compromiso da Xunta de Galicia de ter implantadas máis do 70 por cento das accións contempladas no Plan Galego de Atención Primaria 2019-21 antes de que remate este ano.
Santiago, 10 de setembro de 2019.- A portavoz de Enerxía do Grupo Popular, Marta Nóvoa, subliñou hoxe no Parlamento que o parque eólico do Oribio, nos termos municipais de Samos e Triacastela na provincia lucense, “é un proxecto autorizado polo Goberno bipartito en 2007 antes de que a zona fose declarada Rede Natura, e o único que fixo a actual Xunta foi dar luz verde a unha modificación non substancial do proxecto que permitiu minimizar o seu impacto ambiental, ao pasar de 12 a 8 aeroxeneradores”.
  Santiago, 10 de setembro de 2019.- A deputada do Grupo Popular Cristina Romero afirmou hoxe no Parlamento que o Instituto Galego de Consumo e da Competencia “está a disposición dos consumidores galegos afectados polo índice de referencia de préstamos hipotecarios (IRPH) para asesoralos e informalos”, logo de que o avogado xeral do Tribunal de Xustiza da Unión Europea declarara esta mañá que este índice debe estar sometido á tutela xudicial para saber se é abusivo ou non.

Síguenos nas redes sociais