Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Santiago, 8 de agosto de 2019. O Grupo Popular ven de presentar no Parlamento de Galicia unha iniciativa encamiñada a demandar do Ministerio de Fomento premura na emisión da autorización necesaria para a conexión da prolongación da Vía Ártabra, que está a impulsar a Xunta, coa autoestrada AP-9.
Santiago, 7 de agosto de 2019.-  A viceportavoz popular Marta Rodríguez Arias valorou hoxe moi positivamente as medidas ofrecidas pola  Xunta de Galicia a Parter para fixar o compromiso da empresa de manter os 330 empregos de Alcoa Coruña. “Amosa un compromiso claro do Goberno galego en atopar solucións para a industria electrointensiva galega, propoñendo solucións, acudindo a todas e cada unha das reunións, atendendo peticións da propia ministra de Industria para dar garantías financeiras da operación e agora ofrecendo un plan de formación e, se a normativa o permite, financiando o investimento que a fábrica precise” indicou Marta Rodríguez.
Santiago, 5 de agosto de 2019. O viceportavoz do Grupo Popular Miguel Tellado presentou hoxe en rolda de prensa unha batería de iniciativas parlamentarias para revitalizar a industria galega, referidas ao  sector naval, da automoción e o sector enerxético, “tres sectores atacados por Pedro Sánchez e polo goberno socialista e que temos que defender, xa que dan emprego a milleiros de traballadores en Galicia”.
Santiago, 31 de xullo de 2019.- O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe a Lei de Patrimonio Natural de Galicia, “unha norma ambiciosa que adapta aos tempos e ás necesidades actuais a normativa existente desde hai 18 anos”, manifestou o portavoz de Medio Ambiente do Grupo Popular, Gonzalo Trenor. Así mesmo, salientou que “con esta nova lei Galicia será a primeira comunidade española en adaptar a normativa autonómica á lexislación estatal”.
2, agosto, 2019. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, afirmou que os populares non van permitir que o Goberno de Sánchez  pretenda converter aos galegos en vítimas do bloqueo político e institucional do conxunto de España, nin que os socialistas usen o Executivo central para facerlle oposición á Xunta.

Síguenos nas redes sociais