Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Santiago, 10 de xullo de 2019.- O deputado do Grupo Popular Carlos Gómez Salgado afirmou hoxe no Parlamento que a nova Lei de rehabilitación e rexeneración urbana, que recentemente entrou en vigor, “permitirá axilizar os expedientes relativos ao patrimonio cultural galego, xa que simplifica os trámites e facilita a concesión de licencias directas por parte dos concellos”.
Santiago, 9 de xullo de 2019.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, salientou hoxe que o Servizo Galego de Saúde manterá habilitadas este verán o 88,3 por cento do total das camas existentes nos hospitais galegos, 13 puntos máis que a ocupación media que se rexistrou no período estival dos últimos anos.
Santiago, 9 de xullo de 2019.- O Grupo Popular apoiará no Pleno a solicitude ao Goberno  do Estado para que transfira a Galicia as competencias de xestión das bolsas de axuda ao estudo, así como os recursos económicos correspondente a elas.
Santiago, 9 de xullo de 2019.- A deputada do Grupo Popular Maribel Novo Fariña demandou hoxe no Pleno do Parlamento que se retome a mesa de diálogo, creada en 2017 coa participación das principais entidades do ámbito das artes escénicas galegas, para tratar da situación actual do Centro Dramático Galego (CDG) e do papel dunha compañía pública de produción teatral no contexto da Galicia do século XXI.
Santiago, 9 de xullo de 2019.- A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo afirmou hoxe no Pleno que desde o PPdeG “apoiamos inequivocamente a liberdade da muller e que elixan ou non ser nais”. Así mesmo, asegurou que en Galicia estase a cumprir a Lei de saúde sexual e reprodutiva, “como supoñemos que se fai no resto das comunidades autónomas, porque as leis están para cumprilas por todos os gobernos”.
Santiago, 9 de xullo de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a Lei de Administración Dixital de Galicia, “coa que se compren tres principios básicos: presentar a documentación unha soa vez, con servizos personalizados adecuados ás necesidades das persoas e unha boa xestión dos recursos necesarios”, salientou a portavoz de Novas Tecnoloxías, Sandra Vázquez.
Santiago, 8 de xullo de 2019.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, asegurou hoxe que “o máis importante, desde o punto de vista do autogoberno de Galicia, é que o Goberno do Estado transfira á Xunta os 700 millóns de euros que lle debe das entregas a conta de 2019, a devolución da mensualidade do IVE de 2017 e ao incentivo ás comunidades autónomas cumpridoras”.
5, xullo, 2019. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, recoñeceu que a suposta entrada de Gonzalo Caballero no Hórreo este verán é un símbolo do que el entende que vai facer no Parlamento: “Ir de vacacións mentres hai un partido e un goberno que traballa por Galicia, que son o partido e o Goberno que lidera Alberto Núñez Feijóo”.
Santiago, 5 de xullo de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe de xeito unánime a proposición non de lei a través da que se solicita a AENA que introduza nos pregos de licitación do novo servizo de restauración do Aeroporto de Lavacolla as cláusulas necesarias que garantan o mantemento dun servizo de comedor nas condicións vixentes previstas no prego da cantina.

Síguenos nas redes sociais