Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Santiago, 12 de xuño de 2019.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, César Fernández Gil, incidiu hoxe no Pleno que a formación profesional dual “é una aposta decidida da Xunta, porque a considera unha oportunidade tanto para a mellora da formación do alumnado como de acceso ao mercado laboral en mellores condicións”.
Santiago, 11 de xuño de 2019.- O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, pediulle  ao Goberno Central no Pleno do Parlamento que “deixe de poñer escusas” e ofreza unha solución inmediata para Alcoa.  Así, explicou que esta deberá pasar pola consecución dun prezo eléctrico estable, “tanto no caso de Alcoa Coruña como se pensamos no futuro do resto da industria electrointensiva galega e os 5.000 postos de traballo asociados”.
Santiago, 11 de xuño de 2019.- A portavoz de Enerxía do Grupo Popular, Marta Nóvoa, demandou hoxe no Pleno “máxima prudencia” respecto da situación que está a pasar a empresa Isowat Made de A Coruña, “porque o que se precisa neste momento é actuar con máxima responsabilidade ata que se poida avanzar unha solución definitiva”.
Santiago, 11 de xuño de 2019.- O deputado do Grupo Popular Moisés Blanco insistiu hoxe no Pleno do Parlamento que “a nosa postura respecto ao proxecto de reapertura da mina de Touro segue a ser a mesma que vimos mantendo desde o primeiro día: nin a favor nin en contra, tramitación ordinaria e absoluto e estrito cumprimento da lei e da normativa ambiental”.
Santiago, 11 de xuño de 2019.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, asegurou hoxe no Parlamento que “as solucións para os problemas da atención primaria están ben encamiñadas co anunciado plan galego e o Consello Técnico de atención primaria” e salientou que “a maioría das reivindicacións dos grupos da oposición xa están incorporadas a este plan galego”.
Santiago, 11 de xuño de 2019.- O portavoz de Cultura do Grupo Popular, César Fernández Gil, criticou hoxe que o BNG “se manteñan no enfrontamento permanente” en materia de normalización lingüística e avogou porque “nunca debemos intentar separarnos con aquilo que nos une e defendamos de xeito colectivo o consenso existente para traballar a prol do galego”.
Santiago, 10 de xuño de 2019.- O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, incidiu esta mañá “na proposta sensata e razoable que fixemos ao Partido Socialista en Galicia para que goberne nos concellos e deputacións a lista que tivo o maior número de votos dos cidadáns”, e avanzou que “se o PSOE non está de acordo en aceptar esta norma, estamos dispostos a deixar que cada candidato pacte con quen queira”.
Santiago, 10 de xuño de 2019.- O Grupo Popular insistirá no Pleno desta semana na reclamación ao Ministerio de Xustiza para que, de xeito inmediato, rectifique a súa proposta de novos xulgados para Galicia en 2019 e inclúa a creación dun novo xulgado do social en Lugo. O viceportavoz popular, Miguel Tellado, apuntou esta mañá que “tamén pediremos ao Goberno central que impulse os cambios normativos necesarios para mellorar o sistema de cotización e protección sociolaboral das persoas traballadoras do mar.
09, xuño, 2019. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, insta a Gonzalo Caballero a que aclare dunha vez se está disposto a asumir as mesmas regras de xogo á hora de formar goberno no concello de Ourense e na Deputación provincial:  “O PSdeG defende que debe gobernar no concello de Ourense e nós, coa mesma argumentación, que o PPdeG debe gobernar na Deputación”.

Síguenos nas redes sociais