Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Santiago, 5 de xuño de 2019.- A portavoz de Turismo do Grupo Popular, Cristina Romero, salientou hoxe no Parlamento que o  decreto 12/2017 polo que se establece a ordenación de apartamentos turísticos, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico na Comunidade galega “está conseguindo ordenar con éxito este sector brindando un marco de seguridade e loitando contra a competencia desleal sen restar competitividade ao sector hoteleiro”. De feito, salientou que “a demanda turística nos establecementos tradicionais está a medrar un 5 por cento e a rendibilidade hoteleira é hoxe a máis alta da década”.
Santiago, 5 de xuño de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a crear un órgano colexiado de carácter consultivo e participativo entre a Administración Autonómica e as entidades locais galegas co obxectivo de procurar a máxima coordinación, cooperación e participación nas materias que afecten á protección dos dereitos das persoas consumidoras e usuarias, desenvolvendo a Lei 2/2012 galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias.
5, xuño, 2019. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que a humildade nas vitorias “é o que nos diferenza dos que celebran as súas derrotas", insistindo en que os populares só coñecen unha receita para acadar o éxito: “Humildade, esforzo e defensa dos intereses da nosa Comunidade e dos nosos veciños e veciñas”.
Santiago, 5 de xuño de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade, logo dunha transacción entre o Grupo Popular, Grupo Socialista e En Marea, unha proposición non de lei a través da que se solicita ao Concello de Abadín que proceda á subsanación dos efectos negativos das obras realizadas que imposibilitan o acceso á súa vivenda dunha persoa con discapacidade no lugar de Couto na parroquia de Abeledo.
Santiago, 5 de xuño de 2019.- A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo salientou hoxe que “o cadro de persoal do Hospital de Verín incrementouse nos últimos dez anos un 38 por cento, pasando de 154 a 213 traballadores, ao tempo que se ampliou a súa carteira de servizos con consultas de cardioloxía, neuroloxía, reumatoloxía, dixestivo, endocrinoloxía e oncoloxía médica”.
Santiago, 5 de xuño de 2019.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, salientou hoxe no Parlamento que “nos últimos dez anos incrementáronse 20 prazas de técnicos en coidados auxiliares de enfermería e outras 8 de celadores no Hospital do Salnés, a pesar das dificultades económicas que atravesou Galicia neste período”. “O número de efectivos destas categorías, como de calquera outra, é incrementado cando as necesidades asistenciais así o demandan”, apuntou.
Santiago, 4 de xuño de 2019.- O deputado do Grupo Popular Jacobo Moreira demandou hoxe que a Xunta convoque o grupo de traballo de emerxencias unha vez se constitúan as novas corporacións locais e a dirección da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), para acordar a sede dos novos grupos de emerxencias supramunicipais (GES) atendendo ao mapa de isocronas existente.
Santiago, 4 de xuño de 2019.- O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, salientou hoxe que “o desemprego continuou caendo no mes de maio na Comunidade galega, e xa levamos seis anos consecutivos descendendo, situando a Galicia como a segunda comunidade autónoma de España na que máis baixou o paro no último ano”. Diante destes datos, celebrou “as palabras da ministra da ministra de Economía, Nadia Calviño, nas que recoñecía que non era conveniente derrogar a reforma laboral do Partido Popular, admitindo que esta reforma impulsada polo Goberno de Mariano Rajoy foi fundamental para sacar a España da crise e instalala no crecemento económico”.   Miguel Tellado salientou que o paro en Galicia descendera no último ano en 15.891 persoas, o que supón unha baixa do 8,99 por cento, moi por enriba do 5,31 por cento da media nacional. Neste sentido, salientou que o paro na Comunidade galega se situara en niveis moi inferiores aos rexistrados hai dez anos.   No que respecta ás afiliacións á Seguridade Social, Tellado destacou que “Galicia supera o millón de afiliados, logo de rexistrar un incremento superior ao dous por cento no último ano, en concreto 20.315 afiliados máis”.   REFORMA LABORAL ÚTIL  …
Santiago, 4 de xuño de 2019.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana unha proposición non de lei a través da que se solicita ao Ministerio de Xustiza que de xeito inmediato rectifique a proposta de novos xulgados para Galicia en 2019 para incluír a creación dun novo Xulgado do Social para Lugo. Así mesmo, desde o Grupo Popular pedirase ao Goberno central que mellore o sistema de cotización e protección sociolaboral das persoas traballadoras do mar, estudando a posibilidade de establecer un sistema que permita aumentar voluntariamente as bases de cotización.   Ao remate da Xunta de Portavoces, o viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, informou que a orde do día da sesión plenaria da vindeira semana inclúe a comparecencia da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade para informar da planificación da Xunta de cara a continuar avanzando no reto dunha adecuada xestión do ciclo integral da auga.   MÁIS DE 300 ACTUACIÓNS   Tellado avanzou que esta comparecencia abordarase a importancia de que os concellos se doten de plans de emerxencia para afrontar posibles situacións de seca, co apoio das deputacións provinciais; ao tempo que se dará conta das máis de 300 actuacións realizadas pola Xunta en…

Síguenos nas redes sociais