Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

18, maio, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, dixo que “tanto monta, monta tanto, votar PSOE como ás Mareas de Podemos e ao BNG” e que a alternativa para que haxa en todos os concellos galegos gobernos unidos e que traballen polos seus veciños se chama Partido Popular. Así, destacou que o próximo 26 de maio haberá moitas papeletas distintas nos colexios electorais, pero só un partido de goberno: o PP.
17, maio, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, sinalou que, fronte ao PSOE que depende do que digan as Mareas de Podemos ou o BNG, “o Partido Popular só depende dos veciños”.
16, maio, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, sinalou que o voto ao Partido Popular é “un voto transparente” a un goberno que goberna, ante un PSOE que entrega sempre que pode os concellos ás Mareas e ao BNG: “Tanto monta, monta tanto, PSOE con Mareas e BNG como as Mareas con PSOE e BNG”.
16, maio, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, sinalou que o voto ao Partido Popular é “un voto transparente” a un goberno que goberna, ante un PSOE que entrega sempre que pode os concellos ás Mareas e ao BNG: “Tanto monta, monta tanto, PSOE con Mareas e BNG como as Mareas con PSOE e BNG”.
16, maio, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, sinalou que o voto ao Partido Popular é “un voto transparente” a un goberno que goberna, ante un PSOE que entrega sempre que pode os concellos ás Mareas e ao BNG: “Tanto monta, monta tanto, PSOE con Mareas e BNG como as Mareas con PSOE e BNG”.
Santiago, 16 de maio de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a que poña en marcha accións de promoción do uso da madeira en construción dirixidas a profesionais, promotores e usuarios, que contribúan a difundir as vantaxes do seu emprego permitindo a valorización dos produtos da industria forestal galega.
15, maio, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, sinalou que votar Partido Popular é votar xestión, mentres que votar PSOE é o mesmo que votar aos nacionalistas e aos populistas e é votar, tamén, máis débeda e máis impostos.
Santiago, 15 de maio de 2019.- O portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, Moisés Blanco Paradelo, afirmou hoxe no Parlamento que a Xunta “ten previsto iniciar nas vindeiras semanas os traballos de protección, restauración e axuda á rexeneración das masas e superficie forestal afectada polos incendios forestais acaecidos en Rianxo e Dodro a finais do mes de marzo”. Blanco salientou que Galicia “xa conta con lexislación para a ordenación e a xestión forestal”, polo que rexeitou “realizar modificacións lexislativas por casuísticas particulares como as que aconteceron neste incendio forestal”.   Moisés Blanco salientou que a Consellería do Medio Rural solicitou no mes de marzo ao Ministerio de Agricultura unha axuda de 500.000 euros para levar a cabo os traballos máis urxentes de restauración da zona afectada polo incendio nos montes de Rianxo e Dodro no mes de marzo. “Esta solicitude foi atendida e a Consellería porase mans á obra nas vindeiras semanas para levar adiante os traballos na vexetación, contra a erosión e de mellora dos hábitats e das infraestruturas”, apuntou.   CUMPRIR A NORMATIVA   Diante da solicitude por parte de BNG de modificar as normas de xestión dos montes, o portavoz popular indicou que “non somos partidarios…
14, maio, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pide unir o voto no Partido Popular para que unha maioría teña alcaldes que se deba unicamente aos seus veciños e non aos seus socios.   Por iso, fixo fincapé en non dividir o voto en diferentes partidos nin quedando na casa sen ir a votar, xa que de facelo perderán todos os veciños que preferían un alcalde do PP, en lugar do que saia da suma de nacionalistas, populistas e socialistas. Dixo que só hai unha maneira de gañar as eleccións e é unindo o voto no Partido Popular, para así ter, ademais, gobernos con programa e que crean na xestión. E é que, tal e como incidiu, votar ao PP é ter a certeza de que o voto acaba en gobernos que gobernen, unidos e comprometidos co seu concello.   ELIXIMOS A UN DOS NOSOS VECIÑOS De cara as Municipais, Feijóo salientou que se pode cambiar o resultado do 28 de abril e convertelo en vitoria electoral. Subliñou que o próximo 26 de maio non se escolle simplemente un partido, unha ideoloxía ou unhas siglas, senón ao veciño que máis escoita e resolve, co que nos identificamos máis,…

Síguenos nas redes sociais