Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Santiago, 29 de abril de 2019.- O portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, Moisés Blanco Paradelo, salientou hoxe que a Xunta “está a negociar cos sindicatos tanto o decreto que valora a experiencia dos traballadores que prestan os seus servizos en empresas públicas como Seaga, aos efectos da súa incorporación como persoal temporal ao servizo de loita contra os incendios forestais; como a ampliación da duración dos seus contratos ou a creación de 548 novas prazas para integrar todos os empregados do servizo de extinción de incendios no propio servizo”.
Santiago, 29 de abril de 2019.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, instou hoxe aos grupos de En Marea, PSOE e BNG a negociar as persoas substitutas da actual Valedora do Pobo e do seu Valedor Adxunto.
Santiago, 26 de abril de 2019.- O Grupo Popular vén de rexistrar unha proposición non de lei a través da que se solicita ao Goberno do Estado que garanta unha maior simplicidade e axilidade na tramitación das prestacións por risco durante o embarazo en favor de mariscadoras, percebeiras, redeiras e traballadoras da pesca artesanal por parte da entidade á que lle corresponde esta tramitación: ben sexa o Instituto Social da Mariña ou as mutuas colaboradoras da Seguridade Social.
26, abril, 2019. O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, pediu o apoio dos galegos que dubidan entre o Partido Popular e Ciudadanos ou VOX para que o seu voto teña escano e sirva así para formar outro Goberno, xa que, tal e como apuntou, os votos a estes partidos non rivalizan con Pedro Sánchez, ao contrario, benefícianlle.
25, abril, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, durante un mitin na Coruña, pediu o voto este domingo para o Partido Popular, porque hai tantas razóns como había en xuño de 2016 e máis riscos con Pedro Sánchez como presidente do Goberno. Así, salientou que entre os motivos está evitar o bloqueo do país, a inestabilidade e a frivolidade.
Santiago, 24 de abril de 2019. A deputada do Grupo Popular Raquel Arias defendeu hoxe no Parlamento a importancia da creación nos próximos meses dunha marca galega que ampare os produtos hortícolas cultivados na nosa comunidade.
Santiago, 24 de abril de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o Grupo Socialista, unha proposición non de lei a través da que se demanda á Xunta que, antes de que remate a presente lexislatura, realice unha planificación das oficinas agrarias comarcais consecuente coa realidade da actividade agrogandeira galega.
24, abril, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, subliñou, durante un mitin en Ourense, que ata os que teñen carné e cargos en Ciudadanos e VOX deberían votar ao Partido Popular no Senado para que haxa unha maioría que apoie o 155. Neste senso e segundo apuntou, os votos a estes partidos non rivalizan con Pedro Sánchez, senón que lle benefician.
23, abril, 2019.O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, salientou que Pedro Sánchez, tras non querer ningún debate e verse forzado a que haxa dous, vai desexar que haxa un terceiro para intentar repoñerse do dano que se fixo a si mesmo na televisión. E é que, tal e como apuntou o líder dos populares galegos, “onte todos os españois recordamos por que Pedro Sánchez perdeu sempre as eleccións e por que tivo os peores resultados da historia do PSOE”.

Síguenos nas redes sociais