Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Santiago, 23 de abril de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, co único voto favorable do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a realizar un estudo de mellora do trazado e as prestacións da estrada OU-533, de modo que conte coas características axeitadas para comunicar, a través dunha renovada infraestrutura, a futura Autovía A-76 coa Autovía A-52, no concello da Gudiña.
Santiago, 23 de abril de 2019.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana unha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno do Estado que retire a proposta de modificación do regulamento da Lei de Costas e, de procederse a tramitar este cambio, se adapte á normativa que lle sirve de cobertura. Así mesmo, a través doutra proposición non de lei se solicitará ao Goberno central unha resposta inmediata á proposta consensuada para implantar o estaleiro 4.0 en Ferrol, que situará a Navantia na vangarda tecnolóxica do sector naval.   O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, informou que a Xunta de Portavoces acordou a celebración dun pleno específico sobre a solicitude de cese da Valedora do Pobo rexistrado polos grupos da oposición. “É un debate superado logo de que a propia Valedora puxera o seu cargo a disposición do Parlamento galego, e agora nos toca aos grupos parlamentarios consensuar un nome para substituír tanto a esta persoa como ao adxunto ao Valedor”, apuntou.   PLENO ORDINARIO   Dentro do Pleno ordinario que se celebrará a continuación, o Grupo Popular defenderá unha proposición non de lei a través da que se solicita ao Goberno…
22, abril, 2019.O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu o voto para o Partido Popular, porque “Galicia necesita un presidente de España que nos teña en conta” e non a Pedro Sánchez, que nin a respecta nin a ten en consideración.
Santiago, 22 de abril de 2019.- O Grupo Popular vén de rexistrar unha proposición non de lei a través da que se solicita á Xunta que se manteña en Galicia a condición de familia numerosa de tipo especial mentres un dos fillos cumpra as condicións de idade, convivencia e dependencia dos pais que esixe a lei de protección ás familias, na liña das últimas sentenzas xudiciais e de acordo á recomendación do Defensor del Pueblo.
21, abril, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, avogou por un goberno que sexa garantía de xestión: que axude a crear emprego, que garanta o cobro das pensións e que crea e invista en Galicia. Neste punto, o líder do PPdeG recalcou que o Partido Popular é a única garantía de avance e o único valor seguro xestionando as dificultades. Así, pediu o voto para o crecemento, para o emprego, pola responsabilidade e pola xestión.
17, abril, 2019. O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que o Partido Popular é garantía de xestión ante un Pedro Sánchez co mesmo programa que José Luis Rodríguez Zapatero pero co dobre de frivolidade e a metade de principios.
Santiago, 17 de abril de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Ministerio de Xustiza a ampliar con cargo á nova programación 2019 a creación de novas unidades xudiciais en Galicia que, de xeito consensuado, propoña a Comisión Mixta en atención a necesidades obxectivas e estruturais de carga de traballo e o número de unidades que lle sexan asignadas á Comunidade galega.
Santiago, 17 de abril de 2019.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, cualificou hoxe de “pura cosmética” a proposta do BNG de crear unha valedora da igualdade, xa que “todas as funcións que se propoñen para esta nova figura xa están a ser desenvolvidas neste momento por distintas unidades ou órganos consultivos da Administración galega”.
16, abril, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu nun mitin en Xinzo o voto para o Partido Popular xa que será un Goberno para todos que terá en conta a Galicia.

Síguenos nas redes sociais