Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

4, marzo, 2019.  O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, puxo en valor que a estabilidade de Galicia siga protexendo aos galegos do Efecto Sánchez de destrución do emprego que supuxo a chegada do socialista á presidencia do Goberno. Así, tras coñecerse as cifras do paro do mes de febreiro, a nosa Comunidade é a segunda que rexistra un maior descenso do desemprego.
03, marzo, 2019. “Eu non quero imitar aos que usan a igualdade como arma partidista, senón que quero sumarme á xente que usa todas as armas democráticas para garantir a igualdade real e efectiva”, indicou o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, ao tempo que lamentou que se utilice precisamente este tema como un elemento de confrontación. “Non tratemos a igualdade como unha disputa partidista máis. Celebremos o que conseguimos todos xuntos e reivindiquemos o que nos falta por lograr todos xuntos tamén”, incidiu.
02, marzo, 2019. O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, dixo que, mentres outras formacións queren demostrar o seu compromiso social con palabras baleiras, o Partido Popular faino con “feitos, cifras e logros”.
1, marzo, 2019.O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que o voto ao Partido Popular "mereceu a pena" e foi "útil" para a nosa Comunidade na última década. Así se expresaba no acto de conmemoración da súa primeira vitoria electoral hai dez anos, unha data na que “os galegos decidiron abrir unha nova etapa en Galicia”.

Síguenos nas redes sociais