Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Santiago, 11 de setembro de 2018.- O deputado popular Martín Fernández Prado demandou hoxe no Parlamento a En Marea “a mesma vontade de acordo amosada onte no Concello de A Coruña para sacar adiante conxuntamente unha proposición non de lei que esixa ao Goberno central a condonación da débeda do porto de A Coruña e a inmediata execución da conexión ferroviaria”.
Santiago, 11 de setembro de 2018. A deputada do Grupo Popular Raquel Arias puxo en valor no Pleno de hoxe o proceso de dixitalización que afronta a CRTVG, que “cambiará a forma de traballar na corporación”. “A CRTVG vive unha etapa de modernización revolucionaria e histórica”, engadiu a parlamentaria, “que é viable grazas a unhas contas saneadas, con déficit cero e superávit continuado durante os últimos nove anos”.
Santiago, 11 de setembro de 2018.- O deputado do Grupo Popular Moisés Blanco reiterou hoxe no Pleno do Parlamento que o proxecto da mina de Touro “non é viable, tal e como foi presentado ante a Consellería de Industria”. Así mesmo, criticou que En Marea “incida en recortar dereitos democráticos e que a Xunta prevarique e non permita que este proxecto mineiro, como outro calquera, se poida tramitar conforme a lei que o Goberno bipartito da Xunta aprobou en 2008”.
Santiago, 11 de setembro de 2018.- O Grupo Popular apoiou a aprobación hoxe no Parlamento dunha moción a través da que se insta á Xunta a continuar desenvolvendo a Lei galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero en canto á sensibilización, prevención e tratamento integral da violencia sexual como violencia machista, incrementando no vindeiro presuposto o orzamento consignado para a igualdade de xénero, así como a prevención e intervención no ámbito da loita contra a violencia de xénero.
Santiago, 11 de setembro de 2018.- O Grupo Popular solicitou esta tarde no Parlamento que o Ministerio de Sanidade rectifique a súa postura en torno á axilización do proceso de acreditación de prazas de novo ingreso a formación especializada en pediatría, de xeito que a Xunta poida incrementar os recursos coa contratación de máis pediatras e garantir a maior cobertura posible do servizo en Galicia.
Santiago, 11 de setembro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, cos votos favorables dos grupos parlamentarios de En Marea e BNG, e a abstención do Grupo Popular, a creación dunha comisión de investigación para determinar as causas e dirimir as responsabilidades políticas no accidente ocorrido durante o Festival do Marisquiño en Vigo. “Son os propios socios do PSOE na Deputación de Pontevedra e noutras institucións galegas os que desconfían do alcalde de Vigo e utilizan as súas ferramentas no Parlamento para conseguir toda a información, logo do carpetazo e mordaza que existe no Concello vigués sobre todo o relacionado co accidente do Marisquiño”, sinalou a deputada popular Teresa Egerique.
Santiago, 11 de setembro de 2018.- O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe, co apoio do Grupo Popular e o Grupo Socialista, o ditame emitido pola Comisión de estudo sobre política forestal e prevención de incendios forestais, que incorpora 123 recomendacións para implantar reformas a medio e longo prazo que incidan nos problemas do monte e o medio rural galego. “Trátase dun ditame plural, multidisciplinar e que afonda nas causas estruturais dos incendios e propón solucións que van máis alá da extinción”, sinalou o portavoz de Medio Rural do Grupo Popular, José González.
Santiago, 10 de setembro de 2018.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou a aprobación no Pleno do Parlamento galego de mañá do ditame da Comisión de Estudo sobre política forestal e loita contra os incendios forestais, “un documento que recolle 107 propostas e que marca unha folla de ruta para actuacións nos montes galegos no presente e no futuro”.
07, setembro, 2018. O presidente Alberto Núñez Feijóo destacou hoxe, na homenaxe que os populares galegos renderon a Xerardo Fenández Albor polo seu 101 aniversario, que “a Galicia que imaxinou o Presidente Albor era a Galicia na que vivimos hoxe: unha terra próspera, unha terra inclusiva, unha terra que practicara o autogoberno coa receita do sentidiño que el tanto preconizou”. E foi ese “sentidiño” nos primeiros pasos da autonomía de Galicia o que nos converteu no que somos hoxe: “unha comunidade que reivindica o seu sen complexos, pero con respecto e lealdade”.

Síguenos nas redes sociais