31, agosto, 2018. O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, asegurou que a vicepresidenta do Goberno, Carmen Calvo, “non debería vir a Galicia a dar un mitin, senón a pedir perdón a todos os galegos pola xestión do seu Goberno”.
Santiago, 30 de agosto de 2018. A deputada popular Teresa Egerique indicou hoxe na súa intervención na Deputación Permanente do Parlamento que “se algo funcionou de xeito impecable, se hai algo do que nos sentimos absolutamente orgullosos os vigueses e os galegos é do dispositivo sanitario desenvolvido no sinistro do Marisquiño”. “A coordinación foi áxil, eficaz e, sobre todo, resolutiva, salvaron vidas e atenderon aos familiares e afectados de xeito impecable” insistiu a voceira popular.
Santiago, 29 de agosto de 2018. .- O Grupo Parlamentario Popular ven de rexistrar no Parlamento de Galicia unha iniciativa encamiñada a que a Xunta esixa do Goberno do Estado unha igualdade de trato e consideración entre as diferentes autoridades portuarias galegas en relación á de Valencia, nos termos relativos ao financiamento e asunción das débedas contraídas pola acometida de infraestruturas necesarias para a súa operatividade e competitividade.
Santiago, 27 de abril de 2018. A voceira de Asuntos Sociais do PPdeG, Marta Rodríguez Arias, presentou hoxe en rolda de prensa unha iniciativa na que demanda que a Xunta continúe a impulsar a atención ás persoas en situación de dependencia, a través das súas propias actuacións como o  Plan de apoio á Dependencia presentado recentemente, e avanzando nos compromisos co Estado no novo sistema de financiamento da dependencia.
Santiago, 20  de agosto de 2018. Para a vicevoceira do Grupo Popular “cada día que pasa a elocuencia do alcalde Abel Caballero enmudece máis e non pode ser que o político esté mudo no asunto no que máis ten que dicir e máis explicacións ten que dar” indicou referíndose ao suceso que tivo lugar no festival de O Marisquiño, en Vigo, o pasado día 12 de agosto.
Santiago, 20 de agosto de 2018. A vicevoceira do Grupo Popular, Paula Prado, amosou hoxe no nome do PPdeG a firme condea e repulsa polo caso, confirmado hoxe como violencia machista, ocorrido onte en Cabana de Bergantiños onde unha muller foi asasinada pola súa parella, e trasladou a solidaridade coa familia e amigos da mesma.
17, agosto, 2018. “Abel Caballero puido montar un Madrid Arena á viguesa e iso é o que lle esiximos que explique”, salientou Paula Prado, quen pediu absoluta transparencia ao concello de Vigo. Tal e como salientou a vicevoceira parlamentaria do PPdeG, tras case unha semana despois do acontecido no Marisquiño, “non soamente non se están despexando as dúbidas, senón que conforme pasan os días aparecen novos interrogantes”.
Santiago, 14 de agosto 2018. O Grupo Popular vén de presentar no Parlamento de Galicia unha iniciativa encamiñada a que o Goberno central exclúa a Galicia do Anexo da Orde pola que se establecen suplementos territoriais nalgunhas Comunidades Autónomas en relación coas peaxes de acceso de enerxía eléctrica correspondentes ao exercicio 2013. A Xunta xa recorrera a Orde estatal pola que se fixan os tributos e recargas considerados a efectos dos suplementos territoriais polo que a iniciativa popular solicita a suspensión cautelar da orde que se está a tramitar mentres non se resolva o devandito recurso.
Santiago, 13 de agosto de 2018. O voceiro do Grupo Popular, Pedro Puy, relatou hoxe en rolda de prensa que as perspectivas de continuidade no crecemento económico en Galicia, sinalado por distintas prospeccións e análises recentes, é a mellor maneira de reducir as desigualdades e reforzar e manter o compromiso actual no gasto social. Sinalou que neste gasto, e as súas compoñentes sanitaria, educativa e o propiamente social, Galicia está por riba doutras comunidades, segundo se fixo público recentemente.
  • Prev
  • 1
  • 2

Síguenos nas redes sociais