Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

05, xullo, 2018. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, agradeceu esta tarde aos precandidatos que deran o importante paso de optar a presidir o partido así como a cordialidade e a deportividade coa que se está levando a primeira parte do proceso.
05, xullo, 2018. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, exerceu o seu dereito a voto esta mañá en Ferrol para a primeira volta do Congreso Nacional do Partido Popular, e alí expresou que considera que “este é un primeiro paso para poder recuperar o Goberno de España coa maior brevidade posible”.
Santiago, 4 de xullo de 2018.- A deputada do Grupo Popular María Antón Vilasánchez subliñou hoxe no Parlamento que “os deputados pontevedreses de PSOE e En Marea marcaron o paso a seguir aos concelleiros socialistas de Santiago ao posicionarse favorablemente cara a ampliación da depuradora de Silvouta” nunha proposición non de lei debatida esta mañá na Comisión 2ª.
Santiago, 4 de xullo de 2018.- O portavoz de Ordenación do Territorio do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, demandou hoxe ao Concello de Silleda que remita o expediente completo do novo plan xeral á Xunta de Galicia para que esta, no prazo máximo de tres meses, poida resolver.
Santiago, 4 de xullo de 2018.- O deputado do Grupo Popular Jacobo Moreira salientou hoxe no Parlamento o cambio de postura dos socialistas galegos respecto de ENCE desde que están no Goberno central, xa que “agora xa non son tan entusiastas co populismo de derrogar a concesión, senón que a limitan a que sexa de acordo co desenvolvemento dos procedementos xurídicos vixentes”.
Santiago, 4 de xullo de 2018.- A deputada do Grupo Popular Marián García Míguez avanzou hoxe no Parlamento a previsión de que a Xunta aprobe no último trimestre deste ano o Plan Reitor de usos e xestión do Parque Nacional das Illas Atlánticas, un documento consensuado con todos os sectores implicados e que recollerá todas as actuacións que se poderán realizar e os investimentos que poderán executarse.
Santiago, 3 de xullo de 2018.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana, ademais de demandar á Administración do Estado que realice as accións legais que recomenda o informe da Comisión de Expertos para reintegrar o Pazo de Meirás ao dominio público, que o Goberno central ratifique que o AVE a Galicia estea funcionando en probas en 2019 e se manteña o compromiso do anterior ministro de Fomento de visitar cada trimestre Galicia para informar dos avances das obras.
 O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que a Pedro Sánchez “aínda non lle dou tempo a estragar a gran herdanza económica que lle deixou o goberno do Partido Popular”. Así se expresaba logo de coñecerse os datos do paro de xuño, que reflicten que “Galicia volve demostrar que a súa estabilidade política repercute positivamente na evolución do emprego, con máis afiliacións que a media estatal”.
Santiago, 2 de xullo de 2018.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, amosou hoxe “a máxima vontade de chegar a un acordo” cos grupos da oposición respecto da proposición non de lei que pide á Administración do Estado que realice as accións legais que o Informe elaborado pola Comisión de expertos recomenda co obxecto de reintegrar o Pazo de Meirás ao ámbito dos bens de dominio público.

Síguenos nas redes sociais