Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Santiago, 10 de xullo de 2018.- A deputada do Grupo Popular Encarna Amigo salientou hoxe que “o actual marco lexislativo permite desenvolver e aplicar as axeitadas medidas de inspección e control sobre todas aquelas mensaxes de publicidade sanitaria que quebranten os principios de transparencia, exactitude e veracidade impostos pola normativa xeral e sectorial de aplicación”.
Santiago, 10 de xullo de 2018.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento de Galicia a aprobación da proposición de lei, para remitir ao Congreso, para a transferencia da titularidade e competencias da AP-9 á Xunta. “Imos seguir mantendo a mesma postura: por un lado, demandando un mellor servizo nesta autoestrada e, por suposto, a petición de traspaso da súa titularidade”, asegurou o portavoz de Infraestruturas, Martín Fernández Prado.
Santiago, 10 de xullo de 2018. A portavoz do Grupo Popular para asuntos relacionados coa Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG), Raquel Arias, defendeu hoxe no pleno do Parlamento a efectividade da Lei de medios públicos audiovisuais de Galicia aprobada no ano 2011 cos votos a favor dos grupos parlamentarios do PPdeG e do PSdeG e que se leva aplicando dende entón.
Prado, afirmou hoxe no Parlamento, no debate sobre a solicitude de cese da Valedora do Pobo, que “nós non imos tomar decisións firmes cando non hai unha sentenza firme”. Neste sentido, acusou a En Marea de “dar un paso máis na súa carreira de destrución das institucións galegas, coa novidade de que o seu socio neste caso de demolición de institucións é o Partido Socialista”.
Santiago, 9 de xullo de 2018.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avanzou hoxe que o PPdeG manterá no Pleno desta semana “a postura que vimos defendendo desde hai anos respecto da transferencia a Galicia da AP-9 e da chegada do AVE a Galicia, así como que a Administración do Estado adopte as medidas legais recomendadas pola Comisión de Expertos para a incorporación do Pazo de Meirás ao dominio público”.
Santiago, 6 de xullo de 2018.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a elaborar plans de innovación específicos, coa participación do sector, para o desenvolvemento de novos usos da madeira, novos materiais de base biolóxica e de aplicación do deseño que contribúan a mellorar a valorización dos produtos da industria forestal galega, coa participación dos axentes económicos e sociais dos sectores implicados.
Santiago, 6 de xullo de 2018.- A portavoz de Enerxía do Grupo Popular, Marta Nóvoa, salientou hoxe que máis de 13.000 familias galegas se teñen beneficiado nos últimos catro anos do tícket eléctrico, “unha iniciativa ás que se suma desde o pasado ano a Lei de medidas de eficiencia e de garantía no acceso á enerxía eléctrica, que permitirá que ningunha familia con baixos recursos se lle poida cortar a electricidade e a Xunta aboará a metade da factura eléctrica, complementando o bono social”.
06, xullo, 2018. O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, asegurou que “o Partido Popular de Galicia propugnou durante as pasadas semanas neutralidade e liberdade e, coma sempre, cumpriu”.
Santiago, 5 de xullo de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se insta á Xunta a reforzar a investigación no ámbito gandeiro a través do Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL) e do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, así como incrementar a formación aos gandeiros a través dos centros de formación e experimentación agroforestal de Sergude, Becerreá, Monforte de Lemos e Pedro Murias en Ribadeo.

Síguenos nas redes sociais