Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Santiago, 4 de maio de 2018. A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, salientou hoxe que en Galicia existen 45 xulgados especializados en violencia de xénero, un en cada partido xudicial, polo que dixo “non compartir a afirmación dos socialistas de que o feito de vivir fóra de Vigo ou A Coruña supoña non contar con este tipo de xulgados especializados”.
4, maio, 2018. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que "Galicia lidera a baixada do desemprego porque tamén lidera a estabilidade institucional no noso país". Coñecidos os datos de paro do mes de abril, o número dous dos populares destacou que estas cifras poderíanse resumir cunha idea moi sinxela: “máis emprego e de maior calidade”. 
Santiago, 3 de maio de 2018. O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, asegurou hoxe que o convenio asinado entre a Xunta de Galicia e o Ministerio de Fomento sobre os terreos do porto en A Coruña “garante de xeito definitivo que ese espazo quede de titularidade pública”, polo que reiterou a demanda para que o Concello “se sume a este importante acordo, deixando á marxe o enfrontamento e o vitimismo para priorizar o diálogo e a cooperación interadministrativa”.
Santiago, 3 de maio de 2018. O portavoz de Medio Ambiente do Grupo Popular, Gonzalo Trenor, afirmou hoxe que a Xunta ten previsto entregar nas vindeiras semanas ao Concello de Carnota as obras da rede de saneamento no lugar do Pindo.
Santiago, 3 de maio de 2018. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, logo dun acordo entre o Grupo Popular e o Grupo Socialista, a través da que se demanda ao Goberno central que o Centro de Estudos e Experimentación de Obras Públicas (CEDEX) elabore un informe técnico que sirva de base para realizar en 2018 as obras de reparación e contención nas zonas da praia da Lamiña e o Codesal no concello de A Guarda.
Santiago, 3 de maio de 2018. O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, demandou hoxe no Parlamento que a Xunta, en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), elabore un informe sobre as vivendas inacabadas en Galicia.
Santiago, 3 de maio de 2018. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno central que o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) priorice a eliminación dos pasos a nivel que conten cun maior tránsito de vehículos e persoas, principalmente na cidade de Monforte.

Síguenos nas redes sociais