Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Santiago, 11 de maio de 2018. O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación no Parlamento de Galicia dunha proposición non de lei a través da que se demanda á Xunta acometer de xeito urxente as obras de dragado do Porto Chico de Foz. “Asumimos a necesidade de maior calado neste porto, para o que Portos de Galicia xa iniciou os estudos necesarios”, indicou o deputado popular Daniel Vega.
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou na clausura da Interparlamentaria celebrada este sábado que os populares esfórzanse día tras día por levar ao Parlamento galego, ao Congreso dos Deputados, ao Senado e ao Parlamento europeo “o sentimento e o sentidiño dos galegos”. Para Feijóo, as persoas que se deron cita neste acto asumen a obriga democrática de levar ás institucións a voz dos galegos, trasladando aos órganos democráticos as opinións, as inquedanzas e as propostas dos cidadáns. Así mesmo, manifestou que o PPdeG non ten ningún dilema entre facer política na rúa e facer política nas institucións xa que “somos o partido que mellor conxuga as dúas áreas de acción democrática e debemos estar nas institucións e ao mesmo tempo pisar os asfaltos e as pistas de terra”. GARANTES DA ESTABILIDADE “Os galegos confían en nós como garantes da estabilidade da nosa terra”, dixo o presidente, destacando a defensa que fan dela os 41 deputados populares do Parlamento,  os 12 deputados galegos do Congreso, os 14 senadores do PPdeG, e o eurodeputado Francisco Millán Mon. “Un voto ao Partido Popular de Galicia é un voto ao servizo da estabilidade”, insistiu. Nese senso, puxo en valor a importancia de…
11, maio, 2018. O eurodeputado galego, Francisco Millán Mon, valorou hoxe o novo marco financeiro presentado pola Comisión Europea e cualificou o texto de “preliminar”, lembrando a capacidade do Parlamento para emendar esa proposta. “E traballarei para facelo”, apuntou o parlamentario galego.
Santiago, 9 de maio de 2018. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei a través da que se reafirma o compromiso de todos os galegos coa Unión Europea, que representa a paz e a convivencia pacífica, solidaria, próspera e a loita por unha sociedade máis igualitaria. En concreto, a iniciativa solicita, entre outras cuestións, intensificar a cohesión económica, social e territorial, en especial no que atinxe ao mantemento das políticas de cohesión, ao reforzo da cooperación transfronteiriza e ao impulso das conexións ferroviarias.
Santiago, 9 de maio de 2018. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei a través da que se urxe a proceder a unha solución inmediata do conflito da Xustiza en Galicia a través da sinatura por parte dos sindicatos do acordo proposto pola Xunta, que coincide co mandato unánime expresado pola Cámara galega no mes de decembro. Así mesmo, a través da iniciativa do Grupo Popular solicítase ao Ministerio de Xustiza que continúe coa creación de novas unidades xudiciais en Galicia con cargo á programación de 2018.
Santiago, 8 de maio de 2018. O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, acusou hoxe no Parlamento a En Marea de “intentar crear unha realidade paralela” respecto do acordo asinado entre a Xunta e o Ministerio de Fomento sobre os terreos do porto de A Coruña. Neste sentido, reiterou a solicitude para que o Concello “se sume ao protocolo e non quede á marxe da cidade” e asegurou que “calquera alcalde estaría contento de que a Xunta poña 20 millóns de euros no seu concello para o porto, que neste caso non son 20 senón 40 millóns porque tampouco queren os 10 millóns da intermodal, nin os 5,5 para vivendas sociais no Ofimático ou outros 5 millóns para o centro de saúde de Santa Lucía”.
Santiago, 8 de maio de 2018. A portavoz de Enerxía do Grupo Popular, Marta Nóvoa Iglesias, salientou hoxe no Parlamento galego “a sensibilidade total do Goberno galego coas familias máis necesitadas, fuxindo da demagoxia que utilizan os grupos da oposición”.
Santiago, 8 de maio de 2018. O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, reiterou hoxe que  desde o PPdeG “imos seguir reclamando para Galicia a transferencia da AP-9 en todos os foros que se consideren axeitados” e deste xeito apoiou a aprobación hoxe no Parlamento dunha nova proposición de lei reclamando este traspaso. Porén, anunciou que “emendaremos esta proposta lexislativa para volver ao consenso e unanimidade” da proposición de lei aprobada no Parlamento galego en xaneiro de 2017”.
Santiago, 7 de maio de 2018. O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe que o PPdeG sexa o único que “trae ao Pleno desta semana debates importantes e de actualidade como a situación da Xustiza en Galicia, a recente viaxe do Presidente da Xunta a México ou a situación da Unión Europea nun momento no que se está a abrir a negociación sobre o plan orzamentario plurianual”.

Síguenos nas redes sociais