Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

27, abril, 2018. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que coa entrada de Xoán Hermida no Parlamento de Galicia “estamos nunha situación na que como Luis Villares non quería ter no seu grupo unha deputada que abusa da súa autoridade ante axentes da Policía, aceptou no seu grupo a outro deputado que tamén abusa da súa autoridade ante axentes da Policía”.
Santiago, 26 de abril de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dun acordo entre o Grupo Popular e En Marea, unha proposición non de lei a través da que se demanda da Axencia de Turismo de Galicia o desenvolvemento dun proxecto para a plantacións de frondosas autóctonas nas marxes do Camiño de Santiago, implicando nesta iniciativa a toda a industria forestal de Galicia, escolas forestais universitarias, centros educativos das zonas polas que percorre o Camiño ou asociacións de defensa da natureza, entre outros.
Santiago, 25 de abril de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta ao Goberno galego a darlle un pulo definitivo ao Plan Estratéxico da Conserva Horizonte 2020. Tal e como salientou a deputada do Grupo Popular, Teresa Egerique, trátase dunha iniciativa que “fala de futuro, de garantía e solvencia dun dos sectores estratéxicos de Galicia”.
Santiago, 25 de abril de 2018.- O deputado do Grupo Popular, Jacobo Moreira, subliñou hoxe no Parlamento que a Xunta “cumpriu escrupulosamente” o acordo aprobado por unanimidade no Parlamento respecto das demandas formuladas polo Comité de Folga dos funcionarios da Xustiza. Así mesmo, demandou aos representantes sindicais que “validen o preacordo acadado entre a Xunta e a maioría dos sindicatos integrantes da mesa de negociación e o sometan a consulta do persoal funcionario”.
Santiago, 25 de abril de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España a inmediata posta en marcha da Tarxeta Social Universal, en coordinación coas comunidades autónomas e os concellos, a fin de que os cidadáns poidan beneficiarse á maior brevidade das vantaxes inherentes á mesma.
Santiago, 25 de abril de 2018.- O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación polo Pleno do Parlamento dunha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno central que modifique as bases das convocatorias dos organismos autónomos adscritos ao Sistema Nacional de Saúde para garantir que se inclúan cláusulas de non discriminación polo exercicio dos dereitos laborais recoñecidos legalmente por razón de maternidade.
Santiago, 25 de abril de 2018.- O portavoz de Educación, César Fernández Gil, destacou esta mañá no Pleno do Parlamento as medidas que o Goberno galego está desenvolvendo para a igualdade nos centros educativos. Neste senso, referiuse a que, hai dous anos, puxo en marcha o I Plan de actuacións para a igualdade nos centros educativos de Galicia 2016-2020, “unha iniciativa que busca acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria, a través da formación e a educación de toda a comunidade educativa”.
Santiago, 25 de abril de 2018.- “Se están tan preocupados polas pensións, apoien os Orzamentos do Estado para subirlle así a 40.000 galegos as pensións non contributivas”, instou a viceportavoz do Grupo Popular, Marta Rodríguez Arias, aos grupos da oposición, aos que criticou por presentar iniciativas que son “virtuais e un brinde ao sol”.
Santiago, 25 de abril de 2018.- O deputado do Grupo Popular, Alberto Pazos, afirmou hoxe no Parlamento que no PPdeG “seguiremos sendo esixentes en relación coa AP-9 tanto co Ministerio de Fomento como coa empresa concesionaria, porque entendemos que a necesidade de realizar obras de mantemento non significa que non exista a obriga de tomar medidas para minimizar os seus efectos”. Neste sentido, lamentou que En Marea rexeitara a aprobación, ao negarse á súa votación individualizada, dunha emenda para abrir un expediente informativo á concesionaria da autoestrada polas retencións na AP-9.

Síguenos nas redes sociais