Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Santiago, 20 de abril de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta de Galicia a desenvolver a figura das agrupacións de defensa contra os incendios contempladas na normativa de incendios forestais. “A loita contra os incendios require da colaboración cidadá, sobre todo se temos en conta que tres de cada catro lumes teñen carácter intencionado”, manifestou o portavoz de Montes, Silvestre José Balseiros.
Santiago, 19 de abril de 2018.- O portavoz de Cultura do Grupo Popular, César Fernández Gil, avanzou hoxe a previsión de que as obras de rehabilitación do Pazo do Bispo en Ourense poidan iniciarse no outono do presente ano. “Para isto, é necesario que o Goberno central aprobe os orzamentos do Estado, polo que demandamos ao Partido Socialista o seu apoio para sacar adiante as contas e se poidan executar estas obras”, manifestou.
Santiago, 19 de abril de 2018.- A deputada do Grupo Popular María Antón lamentou hoxe a negativa de En Marea para chegar a un acordo no Parlamento e demandar que a Xunta realice un estudo histórico previo á delimitación para a inclusión da variante da Vía da Prata-Camiño do Sueste ou Camiño Mozárabe que discorre polos barrios de Canedo e Beiro en Ourense. Deste xeito, estas zonas poderán acceder ás axudas do Programa de rehabilitación de vivendas nos Camiños de Santiago habilitadas dentro do Programa de fomento da rexeneración e renovación urbanas.
Santiago, 18 de abril de 2018.- O deputado do Grupo Popular Jacobo Moreira criticou esta mañá no Parlamento que En Marea-Podemos “traia a esta Cámara unha proposta sobre a independencia do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) e a elección dos maxistrados do Tribunal Constitucional cando é consciente de que este Parlamento non é o lugar adecuado para este debate e cando Podemos se ten levantado e abandonado a subcomisión creada no Congreso creada para definir unha Estratexia Nacional de Xustiza”.
Santiago, 17 de abril de 2018.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana demandar que a Xunta desenvolva o Plan Estratéxico da Conserva Horizonte 2020 e inicie a elaboración do Plan estratéxico do conxelado así como  ao Goberno central a inmediata posta en marcha da tarxeta social universal.   Pedro Puy concretou que, ben desde o Goberno galego ou desde o Grupo Popular, “traemos ao Pleno temas importantes e relevantes para Galicia que afectan ao sistema produtivo, tanto ao sector enerxético, a aplicación da Política Agraria Común ou o sector conserveiro; e temas de índole social, como a implantación da tarxeta social universal, a ampliación do Hospital de Montecelo en Pontevedra ou os centros de información á muller”.   Máis en concreto, especificou que na sesión plenaria comparecerán os conselleiros de Economía, Emprego e Industria, para falar das directrices enerxéticas de Galicia; e do Medio Rural, sobre o futuro da Política Agraria Común en Galicia.   No apartado de proposicións non de lei, o Grupo Popular demandará que a Xunta desenvolva o Plan Estratéxico da Conserva Horizonte 2020, que recolle as liñas principais para asegurar a competitividade e viabilidade do sector cara ao futuro. O portavoz popular subliñou…
Santiago, 17 de abril de 2018.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, declarou que a actual situación do goberno da Deputación de Lugo é a constatación da descomposición do partido socialista na provincia, estando ante o final do “besteirismo”. Para o número dous dos populares galegos, “nada disto tería pasado se se deixase gobernar a quen gañou as eleccións que foi o PP”.
Santiago, 16 de abril de 2018.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avogou hoxe porque a folga do persoal da Xustiza en Galicia “remate cando antes nun acordo”. Neste sentido, afirmou que “a Xunta está levando a negociación coas persoas indicadas e que coñecen o sector” e apuntou que “están defendendo o interese xeral da Comunidade autónoma fronte a quen representan un interese sectorial”.
Santiago, 13 de abril de 2018.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, cualificou hoxe de “inapropiada” a conduta do deputado do BNG Luis Bará na tribuna do Parlamento no pasado Pleno, cando rachou dúas fotografías do Xefe do Estado, e asegurou que o Grupo Popular “se avergoña deste feito pola ofensa que se lle fai a quen simboliza a democracia, as liberdades e o autogoberno de Galicia”.
Santiago, 13 de abril de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou esta mañá unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a desenvolver unha política de actuación na defensa da pesca no marco europeo diante dos retos específicos que se abren para o sector marítimo pesqueiro e que nos leve a seguir pormenorizadamente os trílogos no marco europeo para tratar de evitar que as normas de eliminación de descartes e de medidas técnicas e de control se afasten das demandas galegas.

Síguenos nas redes sociais