Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Santiago, 6 de marzo de 2018.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, César Fernández Gil, asegurou hoxe no Parlamento que “o plan de actuacións para a igualdade nos centros educativos de Galicia 2016-2020 e a Estratexia galega de convivencia escolar 2015-2020 Educonvives.gal ofrecen un marco efectivo e claro de actuación para conseguir espazos de relación coeducativos, nos que se promova a igualdade”.
Santiago, 6 de marzo de 2018.- O portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, José González Vázquez, reiterou esta tarde no Parlamento o compromiso da Xunta de Galicia de rematar administrativamente antes de 2020 as 128 zonas vivas de concentración parcelaria existentes na Comunidade galega. “O obxectivo é dotar aos nosos agricultores e gandeiros de explotacións con base territorial suficiente para garantir a súa rendibilidade”, apuntou.
Santiago, 6 de marzo de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o  Grupo Popular e o Grupo Socialista, unha moción a través da que se insta á Xunta a continuar demandando ao Ministerio de Fomento que execute a licitación, a través do Plan extraordinario de investimentos en estradas ou pola vía orzamentaria, das obras do novo trazado na A-55 entre Porriño e Vigo, que conectaría coa A-52; da A–74 ou autovía da Mariña, conectando San Cibrao e Barreiros, para enlazar coa A-8; da A-56, que conectaría Ourense coa A-54 para acadar a cidade de Lugo; da A-57, que transcorrería nunha primeira fase dende Ponteareas a Pontevedra; da A-59, que conectaría coa A-57 e transcorrería dende Vilaboa ata Peinador; e da A-76, que conectaría Ourense vía central de Galicia ata Ponferrada. O portavoz de Infraestruturas, Martín Fernández Prado, subliñou que “a Xunta xa lle ten solicitado ao Goberno central investimentos en materia de estradas por un importe superior aos 600 millóns de euros”. Neste sentido, indicou que, “por respecto institucional, considera axeitado deixar ao criterio do propio Ministerio aquelas actuacións que se adaptan a ser financiadas polo mecanismo do Plan extraordinario de investimentos en estradas ou…
Santiago, 6 de marzo de 2018.- O Parlamento galego aprobou hoxe unha moción, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o Grupo Socialista, a través da que se fixan puntos esenciais de interese para Galicia de cara á negociación do novo modelo de financiamento autonómico. En concreto, demándase que o novo modelo garanta que a Comunidade galega non perda recursos en termos absolutos; reforce o principio de solidariedade interterritorial mediante a aplicación da nivelación en termos de habitantes axustados e do custo real da prestación dos servizos; e evite a discriminación entre comunidades pola aplicación dos mecanismos extraordinarios de financiamento.
Santiago, 5 de marzo de 2018.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avanzou hoxe que o PPdeG aborda o Pleno desta semana  “procurando consensos e acordos” en materia de igualdade entre homes e mulleres, co obxectivo de trasladar á sociedade “unha imaxe de unidade e responsabilidade para avanzar ante un problema que afecta a máis da metade de toda a poboación galega”.
A Coruña, 3 de marzo de 2018.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, participou esta mañá no encontro “As mulleres facendo Galicia” onde salientou que é necesario que a igualdade non sexa unha trincheira política, senón unha misión compartida entre todos. “Espero que este Día da Muller marque un cambio na dinámica política e que a igualdade non se vexa como un campo de xogo para gañar votos, senón como unha prioridade nacional que require grandes acordos”, salientou. 
Santiago, 2 de marzo de 2018.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que “os gobernos do Partido Popular o único que non foron capaces de lograr en materia de emprego foi crealo ao mesmo ritmo que os socialistas e os nacionalistas o destruíron”. Así mesmo, manifestou que aínda que os partidos da oposición volverán intentar torturar os números para pintar un panorama catastrófico, a realidade é que os datos de emprego coñecidos esta mañá son “moi positivos”.
Santiago, 1 de marzo de 2018.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, manifestou hoxe no Parlamento que a dotación de novos ciclos formativos no instituto de Melide “debe responder a criterios obxectivos, técnicos e froito do consenso, non a criterios localistas e menos partidistas”.
Santiago, 1 de marzo de 2018.- A deputada do Grupo Popular Julia Rodríguez Barreira considerou “lamentable que En Marea rachara hoxe o consenso que saíu do Pleno do Parlamento do pasado 19 de decembro na defensa da redefinición do  Corredor Atlántico de Mercadorías, de xeito que incorpore e priorice a conexión ferroviaria dos portos galegos de Vigo e A Coruña co seu trazado español actual, a través de Monforte, León e Palencia”.

Síguenos nas redes sociais