Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Santiago, 16 de marzo de 2018.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, criticou que “o Grupo Socialista traia hoxe ao Parlamento unha proposición non de lei sobre o superávit municipal cando xa existe un acordo entre o Ministerio de Facenda e a Federación Española de Municipios e Provincias, sobre o que o propio alcalde socialista Abel Caballero ten manifestado a súa satisfacción”. Paula Prado lembrou que o Ministerio de Facenda ten aceptado nove das dez propostas que lle formularon desde a FEMP para o investimento do superávit dos concellos españois, co compromiso de aprobar o decreto para este fin no presente mes de marzo. POSICIONAMENTO DO GRUPO POPULAR “Todos, desde grupos parlamentarios ata partidos políticos, alcaldes de todas as cores políticas, representantes da FEMP e o propio Ministerio, estamos interesados en darlle saída ao superávit”, indicou Prado. Así mesmo, lembrou que desde o Grupo Popular “xa temos manifestado en varias ocasións neste Parlamento o noso posicionamento sobre o superávit dos concellos, polo que consideramos que non procede volver a votar sobre algo no que xa nos temos manifestado”. A viceportavoz popular lamentou, ademais, que os socialistas “pidan que se cambie a regra de gasto para permitir gastar máis aos…
Santiago, 15 de marzo de 2018.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, avogou hoxe porque a negociación aberta entre a Consellería de Sanidade e os traballadores dos puntos de atención continuada “chegue a bo porto para continuar coa importante labor que estes profesionais realizan para atender as necesidades sanitarias da poboación galega”. Aurelio Núñez sinalou que a mesa sectorial de sanidade celebrada o pasado 23 de febreiro acordou a constitución dunha comisión técnica delegada para avaliar as demandas do persoal dos PAC galegos. “Esta comisión celebrou a súa primeira xuntanza o pasado 9 de marzo e acordouse manter unha nova reunión no entorno da Semana Santa, co tema monográfico da xornada dos puntos de atención continuada”, apuntou. ESTUDOS SOBRE AS DEMANDAS Máis en concreto, o portavoz popular lembrou o compromiso da Consellería de Sanidade de realizar os estudos pertinentes para comprobar as demandas dos profesionais e continuar mantendo reunións desa comisión técnica co debate sobre distintas reclamacións dos profesionais sanitarios dos PAC. Núñez Centeno lembrou que “todos os traballadores públicos galegos sufriron as consecuencias da crise económica nas súas retribucións e condicións laborais a causa das medidas tomadas polos gobernos central e autonómico para paliar esta…
Santiago, 15 de marzo de 2018.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento solicitar á Xunta que dote ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) dunha cociña propia e de calidade, adaptada ás necesidades do hospital. A deputada popular Marta Rodríguez-Vispo explicou que o proceso de contratación da nova cociña do CHUO “está en fase de licitación, colgado na páxina web da Xunta desde a pasada semana por un importe de 3.750.000 euros”. O período de recepción de ofertas rematará o vindeiro 11 de abril. Rodríguez-Vispo explicou que, logo de estudar os beneficios e inconvenientes dos modelos de cociña de liña fría ou quente, a Consellería de Sanidade decidiuse por instalar un sistema mixto. Respecto do persoal, a deputada popular subliñou que “a situación laboral dos traballadores que prestan neste momento servizos na cociña será a mesma que actualmente”.
Santiago, 15 de marzo de 2018.- A portavoz de Asuntos Sociais, Marta Rodríguez Arias, lamentou hoxe “a frivolidade coa que os socialistas están a tratar as obras de mellora do centro de menores de Montealegre en Ourense, que seguirá pertencendo á rede pública de atención a menores de Galicia”.
Santiago, 14 de marzo de 2018.- A viceportavoz e portavoz de Xustiza do Grupo Popular,  Paula Prado, demandou  hoxe aos representantes sindicais dos traballadores da Administración de Xustiza en Galicia “responsabilidade e recoñecer que a Xunta está a cumprir todas as demandas aprobadas por unanimidade neste Parlamento”.
Santiago, 13 de marzo de 2018.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana dúas proposicións non de lei a través das que se solicita aos grupos parlamentarios do Congreso que faciliten a tramitación, debate e aprobación dos orzamentos do Estado para 2018; e se insta ao Goberno central para que permita aos concellos utilizar os remanentes de tesourería positivos para a devolución do imposto da plusvalía cobrada indebidamente.
Santiago, 13 de marzo de 2018.- O deputado do Grupo Popular Jacobo Moreira cualificou hoxe de “irresponsabilidade tremenda que o Goberno socialista da Deputación de Pontevedra rexeitara o proxecto da Xunta para rehabilitar o Pazo de Lourizán en Pontevedra e crear un centro de investigación, co financiamento da empresa Ence”.
Santiago, 12 de marzo de 2018.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avanzou hoxe que o Pleno da vindeira semana acollerá o debate para a súa aprobación definitiva da modificación da Lei de saúde de Galicia, que blinda a existencia dos hospitais comarcais e achega a atención sanitaria aos cidadáns.
Santiago, 10 de marzo de 2018.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, participou hoxe no II Torneo de Debate do PPdeG onde reivindicou que a súa formación “cre que a política só se enriquece desde o diálogo construtivo”.

Síguenos nas redes sociais