Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Santiago, 20 de marzo de 2018.- A viceportavoz  do Grupo Popular, Paula Prado, manifestou hoxe que “calquera cidadán de Galicia ten acceso ao rexistro de contratos do sector público autonómico”, pero lamentou que “ao que non teñen acceso os cidadáns é aos contratos menores dos gobernos municipais socialistas ou das Mareas”.
Santiago, 20 de marzo de 2018.- O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, reivindicou este martes a necesidade dun sistema de pensións “viable, sustentable e froito do consenso político”, e cuxa reforma se debata fóra de loitas partidistas no foro axeitado, que é o Pacto de Toledo. “Debemos preocuparnos de garantir as pensións dos nosos pais, pero tamén as dos nosos fillos”, subliñou.
Santiago, 20 de marzo de 2018.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, lamentou hoxe no Parlamento que tanto En Marea como PSOE “pecharan calquera vía posible para chegar a un acordo en materia de igualdade e loita contra a violencia de xénero, evitando consensuar aquelo no que coincidimos e deixando a un lado as posturas máis enfrontadas”.
Santiago, 20 de marzo de 2018.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos subliñou hoxe no Parlamento que “tanto a Xunta como o PPdeG apoiaron e apoian a reclamación para a transferencia da AP-9 á Administración galega”. Así mesmo, criticou a “falta de pudor” dos socialistas por cualificar de “aumento extraordinario” a suba das peaxes na AP-9 aprobada cando gobernaban e indicou que o BNG presente agora iniciativas sobre a autoestrada “por mala conciencia e para limpar o seu historial”.
Santiago, 20 de marzo de 2018.- O Pleno do Parlamento aprobou hoxe a modificación da Lei de saúde de Galicia, que blinda a existencia dos hospitais comarcais coa creación dos distritos sanitarios e os consolida como servizo sanitario de futuro en cada unha das súas zonas xeográficas. O portavoz de Sanidade, Aurelio Núñez Centeno, asegurou que esta nova lei “achegará o servizo sanitario á cidadanía, que recibirá unha atención máis próxima ao seu domicilio, garantindo a potenciación dos servizos e especialidades a nivel comarcal”. Aurelio Núñez apuntou que o novo texto lexislativo “mellorará a coordinación entre atención primaria e hospitalaria, cunha cobertura realizada cos mesmos criterios asistenciais e de derivación entre centros, con protocolos únicos de área, e con maior interactuación de profesionais en ambos niveis asistenciais”.  Deste xeito, afirmou que son os grupos de En Marea, PSOE e BNG “os que están a poñer en risco a supervivencia dos hospitais comarcais, diante da dificultade coñecida que existe para cubrir as prazas dos mesmos, e a continua rotación e vacantes de profesionais que se producen”. VOLUNTARIEDADE DOS PROFESIONAIS O portavoz de Sanidade asegurou que a nova organización por área sanitaria “respectará en todo momento a voluntariedade dos profesionais, para axudar…
Santiago, 19 de marzo de 2018.- A aprobación definitiva da reforma da Lei de saúde de Galicia, a devolución da plusvalía municipal cobrada indebidamente e o impulso aos orzamentos do Estado que incluirán melloras nas pensións serán as tres cuestións relevantes sobre as que o Grupo Popular centrará o seu obxectivo no Pleno que se celebra esta semana.
Santiago, 16 de marzo de 2018.- A deputada do Grupo Popular Cristina Romero demandou hoxe no Parlamento que os grupos parlamentarios do  Congreso preserven o Pacto de Toledo como instrumento no que consensuar o avance, adaptación e modernización do sistema público de pensións. Así mesmo, manifestou o apoio á inclusión nos orzamentos do Estado para 2018 de axudas fiscais no IRPF para os pensionistas, así como dunha mellora das pensións mínimas e de viuvez.
Santiago, 16 de marzo de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o Grupo Socialista, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a que actualice o marco normativo en materia económica, orzamentaria e contable, que inclúa a aprobación dun novo Plan de Contabilidade Pública da Comunidade Autónoma que cumpra co proceso de harmonización contable das normas internacionais aplicables á contabilidade do sector público.
Santiago, 16 de marzo de 2018.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, asegurou que “é evidente que a todos nos gustaría subir máis as pensións, pero moitas veces a política consiste en distinguir entre o que se quere e o que se pode facer”, subliñando tamén que “ningunha formación lle pode dar leccións ao PPdeG de políticas para os nosos maiores”.

Síguenos nas redes sociais