Santiago, 1 de marzo de 2018.- A deputada do Grupo Popular Julia Rodríguez Barreira demandou hoxe no Parlamento que a Xunta inicie este ano 2018 os trámites necesarios para realizar as obras de arranxo da estrada LU-710 entre o enlace coa A-6 e Baralla, de tal maneira que este tramo conte coas mellores prestacións posibles que sexan compatibles coa orografía do terreo e cos valores naturais do río Neira e a súa contorna.
Santiago, 28 de febreiro de 2018.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, asegurou que os sindicatos veñen de confirmar que prefiren bloquear a Xustiza que sentarse a negociar. Así, logo da súa negativa a entrevistarse co conselleiro Alfonso Rueda, o que amosan é que “prefiren seguir secuestrando a sociedade galega cun bloqueo da Administración de Xustiza, que penaliza a todos aqueles que precisen os servizos da mesma”, insistiu.
Santiago, 28 de febreiro de 2018.- A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo demandou hoxe aos grupos da oposición “tranquilidade para comprobar o funcionamento do novo horario ata as 22 horas do servizo de hemodinámica no Complexo Hospitalario de Ourense e no Hospital Lucus Augusti de Lugo, porque, se os expertos aconsellan a necesidade de poñelo en marcha as 24 horas, o PPdeG será o primeiro en esixilo”.
Santiago, 28 de febreiro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta de Galicia a posta en marcha dun Portal do Voluntariado de Protección Civil que permita levar a cabo xestións, consultas e actuacións, e mesmo coñecer polo miúdo as actuacións, programas, e proxectos da Administración galega neste ámbito.
Santiago, 28 de febreiro de 2018.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, afirmou hoxe no Parlamento que “existe un compromiso por parte do Sergas e da Fundación Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 de estar vixiantes para que se cumpra a legalidade nas condicións laborais dos traballadores do servizo de operación telefónica do 061 e para que se garanta un servizo de calidade para a cidadanía no traslado ás novas instalacións de A Estrada”.
Santiago, 27 de febreiro de 2018.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a afondar na transformación dos valores que reproducen a desigualdade de xénero, intensificando as accións contra a fenda salarial e pola igualdade efectiva no traballo. Así mesmo, demandará á Xunta a ampliación do programa galego de pacientes polimedicados, a través de novas estratexias de xestión e da formación dos profesionais.
Santiago, 26 de febreiro de 2018.- O Grupo Popular vén de rexistrar unha proposición non de lei a través da que se solicita ao Goberno central que permita aos concellos utilizar os seus remanentes de tesourería positivos para a devolución do Imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana indebidamente cobrado.
Santiago,  26 de febreiro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a través dunha emenda de substitución do Grupo Popular, que o Goberno galego se dirixa ás empresas subministradoras de enerxía eléctrica co fin de que os plans de investimentos anuais contemplen específicamente a singularidade e necesidades do rural galego, para continuar a mellora da calidade da subministración eléctrica.
Santiago, 23 de febreiro de 2018.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, apuntou que, “se a economía está despegando grazas aos Orzamentos da Xunta, imaxinen se ademais tivésemos un modelo de financiamento xusto”.

Síguenos nas redes sociais