Santiago, 31 de xaneiro de 2018.- A deputada do Grupo Popular Cristina Romero defendeu hoxe no Parlamento “o traballo feito polo Consello de Contas de Galicia, a súa imparcialidade e independencia”, fronte ás propostas dos grupos da oposición que pretenden determinar “que entidades, planes, programas, contratos ou fondos ten que fiscalizar” este organismo. De cara ao futuro, aprobouse que o Consello de Contas fiscalice os criterios de reparto dos recursos que as deputacións provinciais reparten entre os concellos a través dos plans provinciais.
Santiago, 31 de xaneiro de 2018.- O presidente do Novas Xeracións de Galicia, Adrián Pardo, asegurou esta mañá que, “fronte aqueles que cando gobernan fan da Educación un foco de conflito ou de adoutrinamento, nós facemos un motor de progreso”.
Santiago, 30 de xaneiro de 2018.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana unha proposición non de lei a través da que se solicita o apoio do Parlamento galego á figura da prisión permanente revisable e que os grupos parlamentarios do Congreso reconsideren a súa postura sobre a derrogación desta figura penal. Así mesmo, pedirase ao Goberno central que os residentes en países que non pertenzan á Unión Europea tamén tributen no caso de herdanzas ou doazóns de acordo coa normativa da comunidade autónoma e non a estatal. Ao remate da Xunta de Portavoces, o portavoz popular, Pedro Puy, informou que a sesión plenaria da vindeira semana debaterá a toma en consideración do proxecto de Lei de reforma da Lei de Saúde de Galicia, “un texto lexislativo que é unha mostra máis do compromiso do Goberno galego para manter e mellorar o sistema público de saúde”. Puy explicou que este proxecto de lei “entrou no Parlamento o pasado 14 de decembro e está a seguir os trámites ordinarios” dos textos lexislativos. Ademais, apuntou que “trata de racionalizar a organización territorial da sanidade, establecendo un mapa sanitario que blinda os  hospitais comarcais, que pasan a ser distritos propios”.  “Esta…
Santiago, 29 de xaneiro de 2018.- Os deputados do Grupo Popular celebraron hoxe a súa tradicional reunión dos luns na cidade de Ourense, onde fixeron un balance das actuacións realizadas polo Goberno galego neste primeiro ano de lexislatura e que superan os 90 millóns de euros.
O presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, asegurou esta mañá que “Galicia está disposta a liderar o Pacto Educativo que España necesita”, salientando que “o Pacto de Estado Social e Político pola Educación é a maior oportunidade educativa nestes 40 anos”.
Santiago, 26 de xaneiro de 2018.- O secretario xeral do Partido Popular de Galicia, Miguel Tellado, visitou a montaxe da Convención Nacional de Educación que o PPdeG celebrará mañá na Cidade da Cultura e onde reunirán a máis de 500 profesionais da ensinanza. Segundo sinalou, o obxectivo é moi claro: “valorar aos docentes como a peza fundamental que son do noso sistema educativo” porque “eles son os artífices de boa parte dos éxitos recentes”.
Santiago,  26 de xaneiro de 2018.- O PPdeG celebra que o PSdeG-PSOE pide xa uns Presupostos do Estado para o 2018 que inclúan a equiparación salarial do Corpo Nacional de Policía e Garda Civil con outros corpos policiais. Neste sentido o Parlamento aprobou hoxe unha iniciativa socialista que incorporou unha emenda do PPdeG na que se solicita que os acordos do Ministerio do Interior coa Mesa técnica de negociación se reflexen nos Presupostos Xerais do Estado para o ano 2018.
Fene, 25 de xaneiro de 2018.- O secretario xeral do Partido Popular de Galicia, Miguel Tellado, participou este xoves nunha visita ás instalacións de Navantia Fene, nas que declarou que “se as Mareas de Podemos e o PSdeG se preocupasen de verdade pola situación do naval galego, apoiarían os Orzamentos Xerais do Estado”, e argumentou que da aprobación das contas do Goberno central depende o proxecto de construción das Fragatas F110, unha embarcación punteira que será o futuro buque da Armada Española.
Santiago, 24 de xaneiro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta de Galicia a seguir desenvolvendo accións para por en común con outras rexións e flotas pesqueiras as experiencias e coñecementos obtidos en torno á problemática dos descartes pesqueiros, con especial atención á súa refundición e transmisión das demandas á Comisión Europea de cara á adaptación da normativa.

Síguenos nas redes sociais