Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Santiago, 7 de novembro de 2017.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, César Fernández Gil, rexeitou esta tarde no Parlamento o “relato distópico e catastrofista” da oposición sobre o sistema educativo galego, “porque se fuximos da realidade estarémonos alonxando do contexto obxectivo que nos permite propoñer medidas para a mellora efectiva da educación galega”.
Santiago, 7 de novembro de 2017.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos cualificou hoxe o proxecto de Lei de espectáculos públicos e actividades recreativas, que continuará a súa tramitación parlamentaria logo de superar hoxe no Pleno o debate de totalidade, de “necesario, útil e consensuado”.
Santiago, 6 de novembro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe o protagonismo que terá a vaga de incendios forestais do pasado mes de outubro no Pleno que se celebra esta semana. Neste sentido, destacou a “axilidade e rapidez coa que se está a actuar no Parlamento, aberto aos problemas que poden xurdir, e a rapidez de resposta da Xunta ante os problemas da cidadanía, poñendo a disposición dos afectados axudas por 21 millóns de euros”.
Santiago, 6 de novembro de 2017.- O portavoz do  Grupo Popular, Pedro Puy, trasladou esta mañá aos tres grupos da oposición unha proposta de declaración institucional, co obxectivo de que sexa aprobada e lida durante o Pleno que se celebra esta semana na que, basicamente, se apoia a vixencia da Constitución e as actuacións que os poderes do Estado están a facer para recuperar a normalidade institucional e constitucional na comunidade autónoma de Cataluña.
Santiago, 3 de novembro de 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, reclamoulle esta mañá a Gonzalo Caballero que interceda para que a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, comparezan no Parlamento, tal e como deberían facer hoxe para presentar os seus orzamentos.
Santiago, 1 de novembro de 2017.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos criticou hoxe “a covardía política e desprezo ao principio constitucional de colaboración entre administracións” amosado pola presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, Carmela Silva, ao renunciar a comparecer no Parlamento para explicar os orzamentos desta institución provincial.
Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2017.- O secretario xeral do Partido Popular de Galicia, Miguel Tellado, asegurou hoxe que “non hai táctica de intimidación capaz de silenciar a voz do PPdeG”, e pediu aos que non cesan nese intento que desistan canto antes.

Síguenos nas redes sociais