Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Santiago, 17 de novembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta a Xunta a priorizar as actuacións de reforzo de firme das estradas de titularidade autonómica, de modo que se manteñan nun estado axeitado para o tránsito e se favoreza a seguridade viaria.
Santiago, 17 de novembro de 2017.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, criticou hoxe que En Marea “pretenda retrasar a implantación do Plan de Transporte Público en Galicia solicitando a constitución dunha comisión de estudo, unha iniciativa que ademais xa se ten debatido neste Parlamento”.
Santiago, 17 de novembro de 2017.- O Parlamento galego aprobou esta mañá, a iniciativa do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno central para que modifique o artigo 124.2 do Regulamento Dominio Público Hidráulico, de xeito que se siga permitindo a existencia das comunidades de usuarios da auga.
Santiago, 17 de novembro de 2017.- O deputado do Grupo Popular Jacobo Moreira demandou hoxe no Parlamento que a Xunta e os concellos de Pontevedra e Soutomaior elaboren un proxecto de conservación, mantemento, limpeza, alumeado e ordenación da contorna da ponte medieval de Ponte Sampaio, involucrando así a todas as administracións cada unha no marco das súas competencias.
Santiago, 17 de novembro de 2017.- O portavoz de Infraestruturas do  Grupo Popular, Martín Fernández Prado, demandou hoxe no Parlamento que a Xunta avalíe a viabilidade e someta á Comisión de seguimento da área de transporte metropolitano de Santiago a inclusión do concello de Noia.
Santiago, 17 de novembro de 2017.- O Grupo Popular apoiou esta mañá no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se solicita á Xunta que aprobe, antes de que finalice este ano, o regulamento que desenvolve a Lei 10/2014 de accesibilidade, e o código de accesibilidade que contemple todas as normas técnicas aplicables na materia.
Santiago, 16 de novembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o Grupo Socialista, unha proposición non de lei a través da que se insta ao Goberno galego a que, con motivo do cumprimento do centenario do falecemento do escritor Eduardo Pondal, lle dea continuidade ás iniciativas de difusión e conmemoración da figura e da obra do intelectual, escritor e poeta pontecesán.
Santiago, 16 de novembro de 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, anunciou que a vindeira semana, o sábado día 25, o partido celebrará unha entrega de carnés na que reunirá a todos aqueles que nos últimos meses se quixeron unir a esta gran organización, tendo confirmada xa a asistencia duns 180 novos afiliados.
Santiago, 16 de novembro de 2017.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, César Fernández Gil, reiterou hoxe no Parlamento que a Consellería de Educación realizará nos vindeiros meses o cambio dos falsos teitos no colexio Rosalía de Castro de Carril, unha obra que se sumará aos máis de 160.000 euros investidos neste centro de ensino desde 2009.

Síguenos nas redes sociais