Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Santiago, 12 de setembro de 2017.- A deputada do Grupo Popular Encarna Amigo demandou hoxe aos socialistas “rigor e seriedade cando se fala de sanidade” e criticou que “cuestionen o labor dos inspectores médicos e os criterios nos que se basean para realizar as súas funcións de control do intrusismo sanitario”.
Santiago, 12 de setembro de 2017.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, urxiu hoxe no Parlamento aos concellos das comarcas de Ferrolterra, Ortegal e A Mariña lucense polos que discorre a liña ferroviaria Ferrol-Ribadeo a que designen os seus representantes no grupo de traballo que negociará con Renfe o  plan de actuación para o mentemento e mellora desta liña ferroviaria.
Santiago, 12 de setembro de 2017.- O viceportavoz do grupo popular, Miguel Tellado, reprochoulle hoxe á oposición a súa “hipocrisía” por votar en contra da toma en consideración da proposición de Lei de Implantación Empresarial, dado que entende que dá resposta a moitas das demandas que levan facendo o resto de grupos de En Marea, PSOE e BNG durante os últimos meses. Así, considera que a esquerda deixa claro que “cando fala de reindustrialización e emprego de calidade está falando por falar”
Santiago, 12 de setembro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, demandou hoxe ao BNG que “deixe os papeis pintados” da súa proposta de cupo para Galicia porque sería “fondamente prexudicial para a Facenda galega e, en conxunto, para todos os galegos”. Puy referiuse ao último Informe anual de recadación tributaria, correspondente ao exercicio de 2014, do que se pode deducir que Galicia perdería cerca de 2.200 millóns de euros coa proposta dos nacionalistas.
Santiago, 11 de setembro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe que o Pleno desta semana “será un reflexo das prioridades do PPdeG para esta lexislatura: reforzar a economía para que se xere emprego de calidade e potenciar os servizos públicos”. En concreto, fixo referencia á proposición de lei de fomento da implantación empresarial, a Estratexia Autónomo 2020 ou o Cheque-Formación para desempregados.
Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a instancias do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se insta ao Goberno de España para que incremente as posibilidades de emprego do superávit por parte dos concellos, dentro dos límites marcados pola Constitución e a normativa europea de estabilidade orzamentaria.
Santiago, 8 de setembro de 2017.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se solicita a implantación da figura do enriquecemento inxusto ou ilícito no Código Penal, para avanzar na loita contra a corrupción. “Tanto para este Grupo Parlamentario como para o Goberno a corrupción é unha das preocupacións a erradicar, tomar as medidas oportunas e loitar contra esta lacra que prexudica tan negativamente á nosa democracia e á política en xeral”, sinalou a deputada Maribel Novo Fariña.
Santiago, 8 de setembro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou esta mañá no Parlamento que os datos de produción industrial, exportacións ou PIB da Comunidade galega “demostran que as cousas van razoablemente ben seguindo as pautas marcadas no Plan Estratéxico de Galicia”.
Santiago, 8 de setembro 2017.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, asegurou que hoxe o PPdeG é o único partido da Comunidade que pode presentarse unido ante os cidadáns e en toda Galicia cun programa de goberno propio para cada cidade á vez que coherente entre todas elas.

Síguenos nas redes sociais