Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Santiago, 27 de setembro de 2017.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Pleno do Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se demanda do Goberno central a transferencia das competencias en materia de tráfico e seguridade viaria. “A transferencia destas competencias permitiría, por proximidade e consideración ás nosas condicións particulares, deseñar políticas de tráfico e seguridade viaria mais axeitadas para Galicia”, indicou a deputada popular Julia Rodríguez.
Braga, 27 de setembro de 2017.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, participu hoxe nun mitin para apoiar ao aspirante á Alcaldía de Braga, Ricardo Rio, ao que cualificou como “o mellor candidato para que Braga siga avanzando”. “Non é só o mellor parceiro dos galegos para que os nosos pobos sigan crecendo da man. É o mellor parceiro dos bracarenses para que a vosa cidade siga sendo un gran espello no que mirarse”, remarcou.
Santiago, 27 de setembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a instancias do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta para que se dirixa á Deputación de A Coruña para a creación da Mesa do Camiño de Santiago na provincia coruñesa, tal como xa foron constituídas nas outras provincias. Esta mesa establecerá logo a súa organización interna, con especial atención ás rutas xacobeas que discorren integramente pola provincia da Coruña: O Camiño Inglés e a prolongación do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía.
Santiago, 27 de setembro de 2017.- O Parlamento galego aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o  Grupo Socialista, solicitar aos órganos de contratación da Administración xeral da Comunidade galega e do seu sector público que adopten e poñan en práctica medidas de discriminación positiva nos procesos de contratación que favorezan o acceso ou presencia nas contratacións de proxectos e obra pública dos profesionais novos e novas, así como dos pequenos estudios de arquitectura.
Santiago, 26 de setembro de 2017.- O portavoz de Infraestruturas do  Grupo Popular, Martín Fernández Prado, salientou hoxe que “o verdadeiramente importante da implantación da primeira fase do novo plan de transporte público é que non houbo nin un só día sen servizo no rural, a pesar da renuncia das empresas a case 600 liñas”.
Santiago, 26 de setembro de 2017.- A deputada do Grupo Popular Teresa Egerique afirmou hoxe no Parlamento que “os veciños de Cabral, os veciños de Vigo e o Concello serán quen determinen no novo planeamento urbanístico municipal as superficies comerciais. Así mesmo, criticou que o BNG “intente suplir a súa falta de representación municipal con iniciativas parlamentarias que van contra a autonomía municipal para desenvolver o seu urbanismo”.
Santiago, 26 de setembro de 2017.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, asegurou hoxe que a modificación da Lei de saúde “sitúa ás persoas no centro do sistema sanitario, por diante doutros intereses”. “Pensen algo nos enfermos e menos en facer política de desgaste do Goberno do Partido Popular”, demandou aos grupos da oposición.
Santiago, 26 de setembro de 2017.- O portavoz de Montes do Grupo Popular, Silvestre José Balseiros, salientou hoxe que “a pesar de rexistrarse 500 incendios forestais máis que o pasado ano, a superficie afectada é de 9.500 hectáreas menos”. Deste xeito, Balseiros considerou que “o operativo coordinado pola Xunta é altamente eficaz, conseguindo que o 80 por cento dos lumes queden en simples conatos e non superaron a hectárea de superficie queimada”.
Santiago, 26 de setembro de 2017.- A deputada do Grupo Popular Teresa Egerique salientou hoxe “o consenso co que chega ao Parlamento galego o proxecto de Lei de Portos de Galicia, logo de que a consellería recollera as aportacións de organismos como Costas do Estado, Portos do Estado, o Instituto de Estudo do Territorio, e os concellos galegos”.  

Síguenos nas redes sociais