Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Santiago, 12 de xullo de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se solicitan melloras para a seguridade dos ciclistas nas estradas galegas, a través da reforma do Código Penal para recupera a figura da imprudencia, intensificando o control nos tramos de maior concentración de ciclistas ou mellorando a sinalización que recorde a presenza de ciclistas.
Santiago, 11 de xullo de 2017.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, subliñou hoxe que “este verán estarán operativas o 88,9 por cento das camas hospitalarias, estando as restantes en disposición de ser atendidas con persoal se fose preciso”. “É un punto porcentual máis que o pasado ano, cando a ocupación durante os meses de verán só chegou ao 75 por cento”, concretou.
Santiago, 11 de xullo de 2017.- O deputado do Grupo Popular  Carlos Gómez Salgado acusou esta tarde no Parlamento aos grupos da oposición de defender “unha emenda á totalidade da política económica e de emprego da Xunta, pretendendo revisar e botar por terra as medidas que están dando bos resultados e xerando emprego”. 
Santiago, 11 de xullo de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe o proxecto de lei de impulso ao crecemento e reforzo do gasto social, que permitirá á Xunta de Galicia dispor de 230 millóns de euros para destinalos ao incremento do gasto social, aumentar o investimento para o crecemento económico e para aplicar a suba máxima do 1 por cento autorizada pola Administración central do salario dos empregados públicos, con efectos retroactivos ao mes de xaneiro.
Santiago, 11 de xullo de 2017.- A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo avogou hoxe no Parlamento por manter “o consenso que conseguimos coa Lei pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais de Galicia, e continuar desenvolvendo esta norma para seguir avanzando todos xuntos na mesma dirección”. Neste sentido, apuntou que as proposicións de lei defendidas pola oposición sobre a identidade de xénero “non contan co consenso de todas os colectivos, pois algunhas das entidades transexuais non se senten identificadas e se desmarcan totalmente desta proposta”.
Santiago, 10 de xullo de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe que a aprobación mañá no Pleno do proxecto de lei de actuacións de apoio ao crecemento económico e reforzo do gasto social permitirá ao Goberno galego dispor de xeito inmediato de 230 millóns de euros adicionais para reforzar as políticas de gasto para o presente ano.
Santiago, 7 de xullo de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e En Marea, unha proposición non de lei a través da que se solicita á Xunta para que vele porque o cambio de propiedade no Banco Pastor teña para Galicia o menor impacto posible sobre a concesión de crédito e o emprego, ao tempo que os axustes se fagan co maior acordo posible e defendendo os intereses dos traballadores no eido das competencias que ten a Administración galega.
Santiago, 7 de xullo de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o Grupo Socialista, unha proposición non de lei a través da que se solicita ao Consello Xeral do Poder Xudicial, en coordinación coa Administración de Xustiza, que elabore un protocolo de actuación con medidas que garantan a accesibilidade sensorial e cognitiva das resolucións xudiciais. “Compre contar co esforzo de todos os operadores xurídicos para acadar unha maior claridade na linguaxe xurídica que acerque o Dereito aos cidadáns, e para conseguilo é necesario adoptar medidas que, sen afectar ao rigor técnico, favorezan a comprensión por parte dos cidadáns das resolucións xudiciais das que son destinatarios”, indicou a portavoz de Xustiza do Grupo Popular, Julia Rodríguez.
Santiago, 6 de xullo de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e En Marea, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta para que proceda á inscrición da declaración como ben de interese cultural das Torres de Meirás no Rexistro da Propiedade unha vez finalizado o proceso técnico oportuno.

Síguenos nas redes sociais