Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Santiago, 9 de maio de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou esta mañá por unanimidade a proposición de lei, para presentar perante o Congreso dos Deputados, de transferencia da titularidade e das competencias da AP-9 á Comunidade galega. O portavoz de Infraestruturas, Martín Fernández Prado, que será un dos deputados galegos que defendan esta transferencia na Cámara Baixa, afirmou que, de aprobarse esta lei, “será a primeira autoestrada da rede troncal estatal que se transfire sen estar recollida dita transferencia na Constitución Española”.
Santiago, 9 de maio de 2017.- O portavoz de Cultura do  Grupo Popular, César Fernández Gil, asegurou hoxe no Parlamento que o Goberno galego “actuou, actúa e actuará sempre en defensa dos intereses xerais de Galicia, e no caso do Pazo de Meirás velaremos sempre polo escrupuloso cumprimento da lexislación, garantindo a posibilidade de que todo aquel que o desexe poida visitalo, tal e como implica a declaración de BIC que ten este espazo”. “Nun Estado de Dereito as leis aplícanse a todos por igual, con independencia da opinión que poidamos ter das persoas concretas ás que en cada caso afectan”, afirmou.
Santiago, 9 de maio de 2017.- O Parlamento galego aprobou hoxe a Conta Xeral da Comunidade Autónoma do exercicio de 2014 e as propostas de resolución aos informes de fiscalización emitidos polo Consello de Contas, entre as que figuran a incorporación de interventores nas áreas sanitarias de Galicia; a mellora dos sistemas de xestión, seguimento e control das actuacións financiadas con fondos europeos; ou que se prime aos concellos cumpridores no plan de pagos a provedores.
Santiago, 8 de maio de 2017.- “Que sexamos a segunda comunidade autónoma con maior investimento per cápita, moi por enriba das comunidades catalá e vasca, quere dicir que Galicia está tratada razoablemente nos orzamentos”, afirmou hoxe o portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy.
Santiago, 8 de maio de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, P edro Puy, informou esta mañá da presentación dunha proposición non de lei dirixida a “solventar a situación extraordinariamente complicada que están a vivir os viticultores, principalmente de O Ribeiro, Monterrei e Ribeira Sacra, afectados polas xeadas das pasadas semanas”. En concreto, esta iniciativa abrangue desde o inmediato asesoramento na repoda e recuperación dos viñedos, ata a consideración das xeadas como fenómeno climático adverso para poder acceder a axudas europeas; rebaixas no imposto sobre a renda; bonificacións na Seguridade  Social; convenios con entidades financeiras para habilitar préstamos a custe cero; ou dar prioridade nas axudas ás plantacións menos expostas ás xeadas.
Santiago, 7 de maio de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, considerou hoxe que os orzamentos do Estado son “bos para darlle estabilidade ao crecemento económico que está a experimentar España”, ao tempo que “manteñen  compromisos de gasto fundamentais para Galicia, como as infraestruturas do AVE”. “O Partido Popular foi capaz de dialogar e construír unha maioría para darlle estabilidade ao país a través dos orzamentos, que son o plan de gasto e investimento do Estado para un ano”, engadiu.
Santiago, 5 de maio 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que “canto máis se achega o ecuador deste mandato, máis claro parece que en seis das sete cidades galegas imos camiño de cumprir dous anos perdidos, e non temos demasiadas esperanzas de que nada o poida mellorar ata o ano 2019”.
Santiago, 4 de maio de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a instancias do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se solicita á Xunta que desenvolva material didáctico vinculado á cultura galega e, de xeito especial, ao Camiño de Santiago, para que sexa útil na aprendizaxe do galego fóra da Comunidade galega.
Santiago, 4 de maio de 2017.- A deputada do Grupo Popular María Antón reiterou hoxe no Parlamento que a Xunta de Galicia “xa ten manifestado o seu máximo interese por axudar ao Concello de Betanzos para poñer en marcha o expediente para a declaración como ben de interese cultural do parque de O Pasatempo, ao tempo que se comprometeu a revisar o anteproxecto de rehabilitación deste espazo e prestar asesoramento técnico para a súa adecuación á normativa vixente”.

Síguenos nas redes sociais